Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 10 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
DEPORTES

Mos organiza a súa undécima Marcha BTT

A inscrición anticipada estará aberta ata o 5 de maio.

O vindeiro 7 de maio celebrarase a XI Marcha BTT Concello de Mos que terá saída ás 09.30 horas da mañá dende o Pavillón Óscar Pereiro.


O Concello de Mos conta coa colaboración, na organización desta proba ciclista, da Peña BTT Cristo de Belén, de Jarabullo Bike e de Protección Civil.


O prezo de participación é de 5 euros por persoa con inscrición anticipada ata as 13.00 horas do día 5 de maio, e de 8 euros por persoa con inscrición o propio día da marcha a partir das 08.30 horas. En ambos casos o prezo leva o seguro incluído.


O percorrido aproximado da proba será de 30 quilómetros cunha dificultade media-alta, durante os que haberá avituallamento gratuíto. Ao final da proba serviranse uns pinchos para os participantes, que tamén disporán de servizo de lavado de bicis de balde. Ademais haberá duchas e sorteo de agasallos.


Todos os participantes deberán levar casco obrigatoriamente e os menores, de 15 a 17 anos de idade, terán que presentar unha autorización dos seus pais para poder participar.


Os interesados en obter máis información sobre a BTT mosense poden chamar aos teléfonos 678 928 960 e 635 490 027, ou consultar a web jarabullobike.com

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.