Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 11 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

A Consellería do Mar mellora as instalacións portuarias de Panxón, en Nigrán

Portos de Galicia destina 30.000 euros a diversas obras de adecentamento.

A Consellería do Mar, a través do ente público Portos de Galicia, está a investir máis de 30.000 euros na mellora do peirao de Panxón, no municipio pontevedrés de Nigrán. Así o comunicaron o presidente do ente público, José Juan Durán, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, nunha recente visita á zona.

 

A Consellería do Mar ten en execución diversas obras de adecentamento das instalacións portuarias, que se suman ás xa executadas para a reparación das deficiencias eléctricas e do paseo de madeira. Así mesmo repúxose tamén a boia danada polo temporal Kurt na primeira fin de semana de febreiro.

 

En concreto, a día de hoxe estase a reparar o espaldón e a fachada marítima do edificio do club náutico así como a limpeza das caras interior e superior e pintado en cor branca. Tamén se está a realizar o saneado das zonas oxidadas das barandas no peirao e o repintado, ademais da limpeza da superficie de baliza e pintado nas cores que corresponde segundo os códigos de seguridade. Tamén se está a levar a cabo a reparación da instalación eléctrica do peirao e a reconstrución do apoio do cantil da rampla de descarga. O remate das obras está previsto para as vindeiras semanas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.