Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 11 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

López-Chaves: “O transporte metropolitano na área de Vigo segue funcionando en 12 concellos”

O delegado territorial da Xunta compareceu en rolda de prensa para valorar o anuncio do alcalde de denunciar un convenio que “nunca cumpriu”.

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, compareceu onte en rolda de prensa para valorar o anuncio do alcalde Abel Caballero de denunciar un convenio que “nunca chegou a cumpriu”. Trala ausencia do Concello vigués o pasado venres na comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano, o representante do Goberno galego nesta área territorial lamentou a cerrazón do rexidor a dar por válida unha iniciativa que funciona, pois segundo dixo “máis de 13.000 vigueses dispoñen de tarxeta de transporte metropolitano”.

 

Neste senso, indicou que “coa a súa actitude o alcalde prexudica seriamente aos vigueses, aos que impide e prohibe aforrar” ao negarse a incorporar Vigo ao Plan de Transporte Metropolitano de Galicia, que “segue funcionando en 12 concellos”. Dende a súa posta en marcha, detallou, téñense subvencionado máis de 5 millóns de billetes entre autobús e barco aos cidadáns da área. “O Plan está a funcionar con éxito e se constata que cada vez e maior a demanda dunha iniciativa que permite acadar descontos de ata 600 euros ao ano en desprazamentos cotiáns”, dixo.

 

 

 

 

Destaca que dende a posta en marcha do plan téñense subvencionado máis de 5 millóns de billetes entre autobús e barco aos cidadáns da área

 

 

 

 

“Non é de recibo que o alcalde impoña un transporte urbano máis caro ao incumprir o que firmou e, con isto, impida aos vigueses abaratar os seus desprazamentos”, indicou López-Chaves. “Xa o dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que o alcalde goberna Vigo coma se fose un cortijo, e os vigueses non somos súbditos de ninguén. Caballero non pode por capricho prexudicar aos cidadáns, que hoxe non se benefician das vantaxes do transporte metropolitano como noutras cidades”, insistiu. “Ao non estar Vigo no plan, os cidadáns non poden acceder aos transbordos gratuítos co autobús urbano e perden a oportunidade de aforrar 400 euros máis o ano”, remarcou o delegado territorial da Xunta en Vigo, ao tempo que invitou ao alcalde a mudar de actitude.

 

López-Chaves referiuse a “taxa Caballero” que grava aos veciños e que non pagan no resto de cidades galegas, e advertiu ao alcalde que “a Xunta seguirá defendendo un plan cuxo éxito é recoñecido”. “É unha cuestión de vontade política”, afirmou, para poñer como exemplo ao municipio de Mos que “en mes e medio fixo tódolos trámites necesarios para validar a tarxeta”. Para concluír, o representante do Goberno galego afeou ao alcalde que goberne “contra todos, contra a Xunta, Zona Franca, Universidade, Celta e o Consorcio Casco Vello (CCV); a área, o transporte, o hospital...”. “A quen prexudica Caballero é a cidade e os vigueses”, rematou.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.