SALCEDA DE CASELAS
O PP denuncia o “abandono” no que se atopa o Parque Etnográfico Fonte-Muiños do Regueiro
Case tres anos despóis de rehabilitar os muiños, a zona está intransitable e nun estado de abandono.
![[Img #31854]](upload/img/periodico/img_31854.jpg)
O PP de Salceda visitou o pasado fin de semana o Parque Etnográfico Fonte-Muiños do Regueiro, polo que discorre a Senda dos Humedais, na parroquia de Santo Estevo de Budiño, e constatou o “estado de lamentable abandono no que se atopa”. Segundo o voceiro do grupo popular, Santiago Rodríguez Davila, “o parque etnográfico inaugurouse hai case tres anos e a maleza está xa invadendo a senda polo que camiñar por ela é practicamente inviable”.
Rodríguez Davila explica que “os muiños, dos cales dous son aulas didácticas, teñen os tellados cheos de vexetación e as portas cheas tamén de telarañas”. O voceiro popular matiza que “todas as melloras que teñan lugar no municipio son sempre benvidas pero non soamente hai que facelas senón mantelas”. O concelleiro popular engade que “está moi ben e é moi bonito inaugurar estas obras e poñer nelas as placas pero non só hai que investir nas obras, senón tamén no seu mantemento e non esquecerse de obras prioritarias como é o saneamento”.
O PP do municipio sostén que “e unha pena que un lugar coma este, susceptible de visitas nestes días festivos, atópase neste estado de abandono e deterioro”.
O Parque Etnográfico Fonte- Muiño do Regueiro foi inaugurado cun orzamento de 119.300€, dos que case 77.000€ foron procedentes de fondos da Xunta de Galicia (AGADER). O Concello de Salceda soamente aportou 17.450€ e “paradoxicamente” a Comunidade de Montes aportou moito máis, 25.000€.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149