NIGRÁN
O Concello de Nigrán convoca tres bolsas de estudo para prácticas na Oficina Municipal de Turismo
O prazo de solicitude remata o 20 de abril. As tres comezarían o 15 de maio, rematando dúas bolsas o 15 de setembro e a terceira o 15 de novembro.
O Concello de Nigrán abre ata o 20 de abril o prazo de solicitude para optar a tres bolsas de estudo para prácticas na Oficina Municipal de Turismo en Panxón e Patos, cuxas bases están publicadas na web municipal. Por unha banda ofrécese unha bolsa de seis meses (do 15 de maio ao 15 de novembro de 2017) e por outra dúas bolsas de tres meses (do 15 de xuño ao 15 de setembro). Os candidatos deben contar con titulación específica obtida no ano 2006 ou con posterioridade (Técnico Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas, Técnico Superior de Información e Comercialización Turística ou Diplomado en Empresas e Actividades Turísticas). Segundo conteñen as propias bases, os bolseiros traballarán catro horas diarias (de 10.00 a 14.00 ou de 16.00 a 20.00 horas) e percibirán 800 euros mensuais. O proceso de selección constará dunha fase de valoración de méritos (expediente académico, cursos de formación e coñecemento de idiomas) e, posteriormente, o 25% dos que obtiveran a maior puntuación someteranse a unha proba práctica oral na que se comprobará o seu coñecemento sobre o municipio ou o nivel de lingua inglesa.
"Ao mesmo tempo que lle ofrecemos formación práctica, os bolseiros trasladarán os seus coñecementos aos visitantes ofrecendo un turismo de calidade", sinala o alcalde, Juan González
"Ao mesmo tempo que lle ofrecemos formación práctica, os bolseiros trasladarán os seus coñecementos aos visitantes ofrecendo un turismo de calidade", sinala o alcalde, Juan González, quen incide na importancia de que estas bolsas arranquen no mes de maio e estean durante toda a tempada estival.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149