Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 16 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta abre o prazo para solicitar praza para estadías nas residencias de tempo libre de Panxón e O Carballiño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde que regula o procedemento de adxudicación das estadías e servizos destas residencias adscritas á Consellería de Política Social.

A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo para solicitar praza para estadías nas residencias de tempo libre de Panxón (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense). O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria  para a adxudicación de estas estadías e servizos nas residencias adscritas á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería Política Social. Os dous centros están destinados ao ocio e o lecer das familias, xa que o obxectivo desta acción é favorecer a comunicación e participación persoal e socio familiar, cumprindo desta maneira unha importante función social.

 

Poden beneficiarse de estadías nestas residencias tanto as persoas maiores como os menores, sempre que vaian en compañía dos seus pais e nais ou titores legais, así como os galegos e galegas residentes no exterior. O prazo para a presentación das solicitudes ábrese mañá e rematara o vindeiro 2 de maio, ambos os dous días incluídos. As inscricións deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

 

 

 

A orde recolle este ano, como noutros exercicios, a reserva da segunda quenda de xullo para as familias monoparentais, a da última quenda de xullo para as familias acolledoras e a da primeira quenda de agosto para as familias numerosas

 

 

 

 

Así mesmo, e como outros anos, resérvase a segunda quenda do mes de xullo para as familias monoparentais, a última quenda de xullo para as familias acolledoras e a primeira quenda de agosto para as familias numerosas. A adxudicación destas quendas para as familias monoparentais, acolledoras e numerosas farase igualmente por sorteo de datas o mesmo día, sendo as sobrantes incluídas, de ser o caso, no procedemento xeral de adxudicación.

 

A adxudicación das prazas efectuarase por sorteo o próximo 8 de maio. Este terá lugar na Dirección Xeral de Familia e Dinamización Demográfica e será público. As prazas que queden vacantes por renuncias posteriores á súa adxudicación, ofertaranse ás persoas solicitantes que non obtivesen praza, seguindo para estes efectos a orde de publicación establecida no sorteo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.