Miércoles, 24 de Septiembre de 2025

Xornal21
Domingo, 16 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A alcaldesa comprométese coa Asociación de Veciños de Cans

O goberno local acometerá distintas melloras na parroquia e presentoulles unha idea que quere desenvolver o concello para cubrir o Torreiro e humanixzar a contorna

[Img #31885]

 

A alcaldesa, acompañada da concelelira de Emprego e Igualdade mantivo esta semana unha xuntanza con membros da Asociación de Veciños de Cans para coñecer ás súas necesidades e transmitirlles o seu compromiso persoal e do do Goberno local para acometer as melloras que precisa a parroquia.


Eva García de la Torre presentoulles unha idea para cubrir o Torreiro, de xeito que poida usarse durante moitos máis días ao ano, unha obra que é posible acometer en pouco tempo. Ademais, sinalou que no marco dese traballo se adiantará en conquerir un entorno máis habitábel e se rematarán as accións de saneamento que precisa Cans.


Os representantes da Asociación de Veciños expuxéronlle a rexedora unha lista de necesidades, parte das cales abordará xa o Concello, coma o arranxo das ‘marquesiñas’ e a colocación dunha nova na zona da gasolineira- para o transporte escolar-; achegar a rede wi-fi, formar ás persoas máis vellas nas novas tecnoloxías- o Goberno local disporá a realización dun curso destinado a exclusivamente a elas- e a humanización de parte da parroquia.
Así mesmo, os veciños amosaron á alcaldesa a súa satisfacción pola mellora da limpeza e, especialmente, polo remate do rozado de camiños e pistas, que era unha reclamación que se lle fixera ao Concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.