Miércoles, 24 de Septiembre de 2025

Xornal21
Jueves, 13 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

200 trampas en Porriño para loitar contra a Vespa Velutina

A Concellería de Medio Ambiente segue adiante coa “loita activa” contra a Vespa Velutina, “realizando unha campaña moi polo miúdo que ten coma obxectivo o trampeo das raíñas e un seguimento constante do número delas atrapadas”, indica o concelleiro Marcelino Coto.


Precisamente este mércores, especialistas de Adoa, a empresa contratada polo Concello para que colocase as 200 trampas que están situadas en todas as parroquias do Porriño, procedían a renovar as mesmas, “un proceso que se fai cada 15 días”.


Coto subliña que estes ‘cepos’ están dotados cun atraínte de nova xeración “específico para insectos desta especie e que ten coma principal obxectivo captura das raíñas fundadoras dos niños xusto neste intre, coincidindo co inicio da primavera,no que é máis prolífica”.


O concelleiro amósase especialmente agradecido á Asociación de Apicultores que, coincidindo coa celebración da Feira Apícola das Rías Baixas no Porriño, felicitou á Concellería de Medio Ambiente polo seu esforzo na loita contra esta especie invasora e puxo á mesma coma un exemplo.


“Este traballo-sinala Marceino Coto- responde a unha sensibilidade histórica deste concello co  mundo apícola, que ten coma exemplo a Feira que se organiza na vila dende hai preto de 30 anos, e co interese de dar unha resposta rápida e organizada a un problema que afecta a todas as veciñas e veciños do Porriño”.


Coto subliña que o Concello seguirá asumindo o custo da loita contra a Vespa velutina e que ao final da campaña se analizarán os resultados  para medir a súa efectividade e decidir que outras medidas haberá que poñer en marcha.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.