Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 15 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, acolle a oficina de información turística de Pontevedra

A partir desta semana as instalacións da Deputación de Pontevedra centralizan a información turística dirixida ás persoas que visitan a capital da provincia.

[Img #31897]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acaba de asinar unha resolución presidencial mediante a cal se pon en marcha no Palacete das Mendoza a oficina de atención turística do Concello de Pontevedra. A través desta resolución centralízase na sede de Turismo Rías Baixas toda a información turística dirixida ás persoas que visitan a capital da provincia, facilitando e optimizando a atención ás e aos turistas que chegan ata a cidade.

 

Un dos grandes obxectivos do novo goberno da Deputación de Pontevedra é o turismo. Co obxectivo de seguir mellorando, impulsando e modernizando este sector, a institución provincial, da man do Concello de Pontevedra, sumando sinerxías e pensando no ben común, están a impulsar medidas para optimizar os recursos públicos, entre as que se atopan o acordo adoptado de centralización da información turística na oficina do Palacete das Mendoza, a primeira de Galicia en obter a "Q" de Calidade, ademais de contar co distintivo do SICTED.

 

 

 

 

A oficina de información turística do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, estará aberta de luns a venres de 9 a 20 horas, sábados e festivos de 10 a 14 e de 16 a 19 e os domingos de 10 a 14 horas

 

 

 

 

Os primeiros pasos deste acordo entre a Deputación e o Concello de Pontevedra xa se foron dando nos últimos meses, coa supresión  da oficina de información turística de Vialia e da situada en Montero Ríos. A partir de hoxe, tal e como manifestou Carmela Silva, "Pontevedra contará cun único punto de atención global para informar ás persoas que queiran coñecer a cidade e a provincia de Pontevedra, coordinando as políticas de fomento dirixidas ao sector turístico, compartindo e centralizando a información, sumando esforzos e sinerxías, tanto a nivel local como provincial, nunha única sede".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.