Porriño
Renovación duns 400 metros da rede de abastecemento nas rúas Bos Aires e Progreso
![[Img #31918]](upload/img/periodico/img_31918.jpg)
A alcaldesa do Porriño e presidenta do Consorcio de Augas do Louro, visitou esta semanao remate da obra que se ven de facer nas rúas Bos Aires e Progreso para a renovación duns 400 metros da rede de abastecemento.
Coma salientou o xerente do Consorcio, Rufino Rodríguez, esta obra fíxose en coordinación coa Axencia Galega de Infraestruturas e contou cun orzamento duns 45.000.
Os traballos consistiron na retirada das canalizacións de fibrocemento, que nalgúns puntos presentaban crebaduras, o cal causaba fugas, e se substituíron por conducións de fundición-de 90 milímetros de diámetro-, na rúa Progreso e por outras de polietileno-de 200 milímetros de diámetro-, na Avenida de Bos Aires.
Eva García de la Torre subliñou que con esta obra, que se aproveitou para o cambio da capa de rodaxe, “o pavimento das dúas rúas”, garántese o subministro evitando avarías e, tamén, ter que estar levantando o firme cada vez que aparece unha filtración ou se produce o rompemento dun tubaxe.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17