Domingo, 18 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 17 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
Mos

Tres turismos coliden por alcance na A-52 sen causar danos persoais

Unha colisión entre tres coches tivo lugar a noite pasada á altura da localidade pontevedresa de Mos. A particular que chamou ao 112 Galicia para alertar do accidente indicou que se tratou dun choque por alcance, posiblemente, debido á retención de vehículos que nese intre se estaba producindo na confluencia entre a A-52 e a A-55, dirección Vigo. Pese a que, a alertante aseguraba que non había persoas feridas, si amosaba preocupación polo seu bebé, que tamén viaxaba nun dos vehículos implicados.

 

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias do 112 pasouse aviso a Urxencias Médicas e á Garda Civil de Tráfico. Ademais, informouse aos Bombeiros de Baixo Miño e aos efectivos do Servizo de Emerxencias da localidade que se encargaron da limpeza dun vertido de aceite na calzada ocasionado por un dos vehículos. O accidente ocorreu ao fío das 21:00 horas de onte.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.