Mos
Ferido un operario en Mos tras caerlle enriba un vehículo que reparaba
Un operario dun taller de coches resultou ferido esta mañá despois de que o vehículo que reparaba caera sobre del. Así o relatou o particular que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Aseguraba que o coche xa fora retirado, polo que só precisaban medios sanitarios para evacuar ao ferido. O accidente tivo lugar sobre as 11:15 horas de hoxe, nun taller situado na Avenida de Galicia, na localidade pontevedresa de Mos.
Decontado, os profesionais do 112 Galicia pasaron aviso a Urxencias Médicas, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.
O traballador foi trasladado en ambulancia polo persoal sanitario ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149