Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 20 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

A Coral Polifónica Ventos do Val organiza unha nova edición do seu Concerto de Primavera

A Coral Polifónica Ventos do Val, abre o seu ano cultural 2017 organizando a VXII edición do Concerto de Primavera.

O concerto celebrase o domingo día 7 de maio ás 19 hora do serán, no auditorio municipal do Multiusos das Pozas, en Petelos-Mos. A entrada é libre para todas aquelas persoas que desexen asistir, xa que a Coral Polifónica Ventos do Val é unha agrupación sen ánimo de lucro.


Este concerto é entendido polos membros da coral organizadora como un intercambio cultural entre corais, pero tamén como un xeito de achegar a cultura musical na vertente do canto coral a tódolos amantes polifónicos, así como ós interesados en coñocelo máis a fondo.


Neste evento musical ademais da Corai organizadora, participan Coral Polifónica Agarimo de Torneiros  O Porriño, e a Coral Polifónica Viladauga de Laias Ourense. Con modestia, desde Ventos do Val auguran que “será un concerto bonito” pero de seguro que arincará aplausos emocionados entre os amantes da música coral que o presencien.


A Coral Poilifónica Ventos do Val, neste concerto interpretará un repertorio variado de cancións populares galegas, habaneras, xotas, boleros e zarzuelas, de moi variados autores.


Datos sobre Ventos do Val
Esta corai fundouse en Petelos no ano 2000, está composta por voces mixtas, dende a súa creación está dirixida por Mª Ángeles Davila Méndez. Trátase dunha coral consolidada, con 17 anos de actuacións ás súas costas, durante os que levou orgullosa o nome do seu municipio natal, Mos, ó longo e ancho da xeografía autonómica, nacional, e internacional.


Os integrantes de Ventos do Val defínense como “unha coral ben apuntalada” cunha base sólida que se consegue, entre outros esforzos, con catro horas de ensaio semanales. As sesións de ensaio son sempre vespertinas, ó redor das 20.30 horas da tarde, e distrubúense do seginte xeito, os lus ensaian as voces brancas, isto é, as mulleres, os xoves fanno os homes, e os venres o ensaio é para toda a coral xunta, tanto voces femeninas como masculinas.


Filosofía
A filosofía da Coral Ventos do Val aflora nítida ó conversar con calquera dos seus membros. Son unha agrupación sen ánimo de lucro que viven o canto coral como unha vocación, á marxen das respetivas profesións que cada un dos integrantes desempeña. Definen a música como bandeira.


Os seus obxetivos e ilusións máis inmediatos son mellorar o seu repertorio e conveniar con agrupacións corais todo tipo de intercambios que enriquezan cultural e musicalmente a ambas partes. Actualmente atópase preparando unha saída de intercambio.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.