SALCEDA DE CASELAS
III Xornadas de Educación Vial en Salceda
As Concellarías de Tráfico e Ensino, ven de poñer en marcha a cuarta edición das Xornadas de Educación Vial, en colaboración coa DXT, que se iniciou hoxe martes 18 de abril. Tralo éxito acadado volven repetirse neste ano 2017. As xornadas están dirixidas aos escolares do municipio de Educación Infantil e de 1º a 4º de Educación Primaria, que reciben formación teórica e práctica en materias de educación vial. Na parte teórica ofréceselle ao alumnado unha sesión sobre os principais conceptos de seguridade infantil.
Unha vez rematada a charla, os alumnos e as alumnas acceden a un circuito no que poñen en práctica os conceptos adquiridos na formación teórica. O circuito está dirixido polos membros da Policía Local de Salceda, que lles dan aos cativos as instruccións precisas para unha correcta circulación pola vía pública, tanto dende o punto de vista dos conductores como dos peóns.
Arredor de 700 escolares pasarán polas xornadas, que se extenderán ata o mércores 26 de abril. O obxectivo das xornadas é a concienciación dos máis pequenos, como unha importante vía para chegar aos pais e nais, en todo o relacionado coas boas prácticas nas vías públicas. Os nenos e nenas reciben ademáis agasallos conmemorativos do seu paso polas xornadas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149