Sábado, 11 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 21 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
Oia

Oia recibe máis de 55.000 euros do Plan concellos 2017

A Deputación Provincial leva entregado o 34 % do total destinado a Oia dentro do Plan, cun investimento situado en arredor de 150.000 €

[Img #31988]

 

A Deputación de Pontevedra aprobou recentemente, a través de sendas resolucións presidenciais, dúas novas achegas ao Concello de Oia no marco do Plan Concellos 2017, dentro da súa liña 1 de investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará a cantidade de 21.358,65 € para a numeración de vivendas e camiños da vila e, por outra banda, 33.702,21 € que o Concello de Oia destinará ao financiamento de obras relativas á rede de abastecemento municipal de auga na aldea de Burgueira.

 

Ao abeiro do Plan Concellos 2017, anteriormente a institución provincial xa destinara a Oia outros 94.434,08 € para a contratación de 12 persoas que desempeñasen as súas funcións nos diversos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de emprego do Plan.

 

Coa suma desta nova achega, Oia xa recibiu da Deputación de Pontevedra o 34,5 % do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2017, isto é, 149.494,94 € dun total de preto de 434.000 €.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.