Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 21 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva pon de exemplo ante a FEMP o proxecto da Deputación de implantación da administración electrónic en 55 concellos

A Presidenta destaca que a estratexia da institución provincial logra acadar aforros nos concursos agrupados de compra de material superiores ao 50% aos prezos de mercado.

[Img #32045]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou onte que un total de 55 concellos da provincia, dos 59 posibles, adheríronse  ao proxecto de administración electrónica que impulsa a institución provincial, na súa intervención ante a comisión de deputacións da Federación Estatal de Municipios e Provincial (FEMP) que se celebra en Ibiza.

 

Carmela Silva sinalou que coa estratexia de implantación da administración electrónica nos concellos da provincia acadáronse aforros económicos superiores ao 50 por cento sobre os prezos de mercado na compra de material e de servizos técnicos. Ademais, segundo explicou a Presidenta, o proxecto de implantación que leva a cabo a Deputación de Pontevedra traballa en dous eixos de actuación. O primeiro, as aplicacións informáticas e os soportes e outro, o sistema das telecomunicacións.

 

Neste aspecto a Presidenta da Deputación destacou que dende os servizos da institución provincial non so  se pon a disposición dos concellos da provincia unha serie de ferramentas informáticas para a xestión do seu traballo diario. Os técnicos da Deputación forman aos funcionarios destes concellos xestionando o cambio aos novos programas e dan soporte técnico. “Neste momento estamos a traballar en 21 concellos na formación dos seus traballadores”, indicou Carmela Silva.

 

De feito, o cronograma de implantación do proxecto contempla para este ano a posta en marcha do padrón municipal de habitantes, a compra agregada de servizos de impresión e a compra agregada de servizos de telecomunicación unha vez adxudicado o servizo de administración electrónica co produto “Gestiona” que tarda unha media de sete semanas de implantación por concello.

 

A previsión para os próximos dous anos será a compra agregada de almacenamento na nube, backup e correo electrónico. Noutro eido se implantarán os servizos de control horario, contabilidade e o servizos de xestión de nóminas e recursos humanos.

 

Por último, Carmela Silva destacou que os principais problemas que se atopan os técnicos da Deputación de Pontevedra no seu desenvolvemento da implantación da administración electrónica son, principalmente, as carencias técnicas dos equipos informáticos, nalgúns casos con equipos obsoletos, e, en segundo lugar, a propia xestión do cambio con necesidades de formación con xornadas de reforzo ou a  formación de novos técnicos.


 
Por outra parte, dentro da orde do día da xuntanza da FEMP atopábase o despoboamento das provincias, ao que  Carmela Silva subliñou que son os concellos e as deputacións as primeiras que alertaron sobre este problema. Por elo, reivindicou que é necesario e fundamental que “as decisións que se tomen por parte do goberno ou das comunidades autónomas nos teñan en conta por ser os máis pretos ao problema e que nos convertamos en axentes activos”.

 

Silva recordou que os concellos e as deputacións son os que teñen máis capacidade  para dar resposta ao despoboamento que sofren as zoas rurais “pola nosa cercanía”. Ademais incidiu a Presidenta que calquera estratexia para fixar poboación ten que pasar por unha garantía dos servizos públicos básicos en calquera zoa dunha provincia para o que é necesario contar cos recursos económicos suficientes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.