GALICIA
Augas de Galicia licita por 2,6 millóns de euros o contrato para a explotación de 30 depuradoras
O Diario Oficial de Galicia publica este contrato que implicará a realización de campañas analíticas, recompilación de información sobre as instalacións, estudos sobre o estado das mesmas.
O Diario Oficial de Galicia publica (http://bit.ly/2oStSAr) a licitación do contrato para a explotación das estacións depuradoras de augas residuais por un importe de 2,6 millóns de euros. Grazas a este contrato levarase a cabo un control e seguimento das 28 depuradoras que na actualidade xestiona Augas de Galicia.
Os traballos máis relevantes que se levarán a cabo en base a este contrato son a realización de campañas analíticas, recompilación de información sobre as instalacións, estudos sobre o estado das mesmas, deficiencias e valoración económica das actuacións necesarias para resolvelas, medicións e comprobacións dos datos de cada explotación, supervisión da implantación dos sistema de control telemático centralizado, atención de incidencias, etcétera.
Neste sentido, as campañas analíticas supoñen unha das partidas máis importantes do orzamento e consistirán na realización de máis de 2.200 analíticas para cada un dos principais parámetros indicadores de contaminación, co obxecto de corroborar o correcto funcionamento das plantas e o cumprimento da normativa vixente. Este contrato terá unha vixencia de dous anos de duración.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184