GALICIA
A Xunta licita a redacción dos proxectos de integración paisaxística dos Camiños de Santiago
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, avanzou nunha rolda de prensa que a Xunta licita a redacción dos proxectos das obras de mellora e integración paisaxística dos Camiños de Santiago na súa entrada á cidade co obxectivo de que todas as actuacións estean culminadas para o Xacobeo 2021.
Este contrato para a redacción dos proxectos construtivos, cuxa licitación se publica hoxe na Plataforma de Contratación por un importe dun millón de euros, inclúe tarefas de control e vixilancia durante a execución das obras e prevé unha interlocución continua e directa con todos os organismos e administracións implicadas. Así, redactaranse catro proxectos construtivos, un por cada actuación prevista: dúas delas no Camiño Francés, unha no Portugués e outra no Inglés; xunto coas obras complementarias de adecuación do espazo público na contorna do Camiño.
Vázquez Mourelle explicou que en setembro se adxudicará o contrato para ter os primeiros proxectos redactados a finais deste ano e iniciar a contratación das obras de maneira inmediata. Precisou que estes traballos de integración paisaxística no seu conxunto, suporán cando menos un investimento estimado de 4,2 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184