Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 25 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra pon en marcha os primeiros "Premios Provinciais á Xuventude"

[Img #32095]

 

A Deputación de Pontevedra publica este luns no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as bases da primeira convocatoria dos Premios Provinciais á Xuventude", dirixidos ás mozas e mozos da provincia de entre 16 e 35 anos. Os premios están dotados con 21.000 €, repartidos entre sete categorías, e teñen como obxectivo promover o talento e o potencial da xuventude da provincia de Pontevedra. Ademais, o mércores 5 de abril ábrese o prazo de presentación dos traballos e estará aberto durante dous meses, ata o 4 de xuño.


As sete categorías ás que poderán optar as persoas participantes son as de iniciativa social (dous premios) e iniciativa empresarial (outros dous premios), para ambos os casos con proxectos de proxección e impacto social que favorezan a igualdade; blogs (tres premios) que promovan a igualdade, a educación en valores, a formación, o asesoramento, as actividades de voluntariado, culturais e/ou deportivas dirixidas á mocidade; educación en valores (dous premios) para proxectos que persigan a consecución da non violencia en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social, así como a prevención do acoso escolar e o ciberacoso; traballo musical (tres premios) para persoas sen contratos discográficos vixentes; traballo literario breve (tres premios) e, por último, fotografía orixinal (tres premios).


Todas as categorías teñen unha partida de 3.000 €, distribuídos entre 2.000 € ao primeiro premio e 1.000 € ao segundo, para aquelas que contan con dous galardóns; e 1.500 € ao primeiro, 1.000 € ao segundo e outros 500 € ao terceiro premio nas categorías con tres galardóns asignados.


Nas bases dos I Premios Provinciais á Xuventude" poderanse consultar os demais requisitos que deben cumprir as persoas (físicas e xurídicas) participantes e os traballos, así como os medios de presentación dos mesmos e a documentación que deberán xuntar a maiores en cada unha das categorías.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.