HOGAR
As novas tendencias de decoración apostan polo natural
Do artificial ao natural, do extremadamente colorido ao suave e agradable. O cambio nas tendencias de decoración foi paulatino pero determinante e as deste 2017 son a confirmación definitiva deste cambio que agora atopa o seu equilibrio.
![[Img #32098]](upload/img/periodico/img_32098.jpg)
Os expertos coinciden en que este 2017 leva, sobre todo, o natural. O que se persegue, en termos xerais, son deseños atemporales que xeren calidez e favorezan unha sensación de relaxación, confort e calma. Todo isto vai da man cun cambio social no que se aposta por hábitos de vida saudables que inclúen a realización de actividades ao aire libre ou a aposta por produtos alimenticios ecolóxicos e o coidado do medio ambiente.
En anos anteriores a idea do fogar acolledor, fora acollida con tendencias como o “total white” que esaxeraba a idea do limpo e claro como confortable. Fronte á nova perspectiva da decoración de interiores, esta tendencia resulta demasiado artificial o que pode servir como claro exemplo do camiño que toman os cambios que se están producindo nesta área.
Os novos catálogos empezan a apostar por cores moi diversas pero suaves, acolledores e, sobre todo, atemporales como os verdes e os azuis en tons grisáceos.
Os elementos de crochet, punto ou tricot son parte desta tendencia e son moi desexados para xerar esta sensación de calidez e confort. Engádense en coxíns e mesmo pufs. En xeral, en calquera elemento decorativo especialmente dentro das habitacións e do salón.
A decoración como forma de expresión
O 2017 tamén parece que será o ano do amor: do amor polo medio ambiente, polo ser humano, por un mesmo. Búscase crear un ambiente acolledor onde cada obxecto sirva para expresar quen son de maneira sincera. Se aposta polo artesanal, o tradicional e o natural pero sobre todo, por aquilo que fale de nós.
Os expertos confirman que a preferencia polos elementos decorativos que sirvan como medio para expresar as ideas propias afiánzase este 2017 e estará presente nos anos posteriores.
A tendencia eco parece que tamén atopa no 2017 un ano de afianzamento. Estarán presentes nos fogares estampados florais suaves, cores verdes e marróns claros en obxectos xogando entre o casual e o elaborado. Aínda que o retro aínda segue tendo moita forza apoiará a creación de espazos acolledores, refrescantes e de expresión da individualidade dunha maneira máis sutil.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149