Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 25 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos inicia o expediente expropiatorio da senda peonil de Torroso

Foi aprobado onte en Pleno por unanimidade de tódolos grupos políticos.

[Img #32147]

 

O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou onte por unanimidade e por urxencia a utilidade pública do proxecto da Senda na Estrada Adrovello, entre os núcleos das Pozas (Petelos) e Seixabre (Torroso). Así mesmo acordouse dispoñer a aplicación do sistema de expropiación, mediante o procedemento de taxación conxunta, para a obrención dos terreos afectos que abranguen propiedades particulares pertencentes a diversos propietarios. O proxecto de expropiación foi tamén abrobado inicialmente onte contando xa coa relación de propietarios aos que se lles solicitará os correspondentes certificados e documentos de titularidade e cargas.
    

A continuación o Concello de Mos procederá a dispoñer o sometemento a información pública do proxecto de expropiación, cos seus documentos, polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no DOG, no BOP, na páxina web municipal http://www.mos.es, no taboleiro de editos do Concello de Mos en un xornal dos de maior circulación da provincia, para que os interesados poidan formular reclamacións.
    

Poderase consultar o expediente nese período nas oficinas do Concello de Mos de luns a venres de 09.00 horas a 14.00 horas. Efectuaranse notificacións individuais ás persoas que aparecen como titulares dos bens e dereitos no expediente, co fin de que nun mes computado a partires desta notificación poidan formular alegacións.

 

Tamén se fará constar no Rexistro da Propiedade o inicio do expediente expropiatorio.

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, lembrou que xa se realizou o levantamento topográfico necesario para a realización do proxecto da nova senda peonil que se acometerá en Torroso.

 

A rexedora local explicou que a obra consistirá na execución dunha nova senda para peóns e ciclistas de 2 metros de ancho, cunha lonxitude aproximada de 1,4 quilómetros, entre a glorieta situada no Camiño das Pozas (Contorna do Edificio Multiusos) e o cruzamento da Estrada do Adrovello e Cesáreo Iglesias.

 

A nova senda estará ao mesmo nivel que o aglomerado de circulación de vehículos, para o que será necesario ampliar a plataforma viaria actual. Onde sexa necesario, proxectaranse muros de pedra para contención da nova senda.


Os obxectivos desta senda que se acometerá na Estrada de Adrovello entre os núcleos das Pozas (Petelos) e Seixabre (Torroso) son comunicar peatonalmente ambos núcleos e mellorar a seguridade vial, xa que son moitas as persoas que diariamente realizan a pé este traxecto.

 

Dende a administración local estímase que a inversión aproximada prevista para a acometida deste proxecto é duns 350.000 euros. A mellora da seguridade vial para os moitos peóns que a diario transitan pola zona é unha das principais prioridades do goberno local nesta que denominan “a lexislatura das persoas”. Grazas a esta nova senda os peóns terán un espazo delimitado e seguro por onde camiñar. Posto que se trata dun tramo que, como se dixo, reúne cada día a multitude de veciños e veciñas de tódalas idades, pero sobre todo maiores.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.