PROVINCIA
Carmela Silva cualifica os datos da EPA de preocupantes polo crecemento do número de desempregados
A Presidenta da Deputación subliña o aumento dos fogares con todos os seus membros no desemprego que creceron nun trimestre en 6.900 chegando a case 1,4 millóns.
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, cualificou hoxe de preocupantes os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) do primeiro trimestre de 2017 onde o número de desempregados creceu en máis de catrocentas mil persoas en todo o país.
Especialmente alarmante, segundo Silva, é a situación da provincia de Pontevedra, onde a pesar de ter unha taxa de actividade medio punto por riba da media galega a taxa de desemprego é a máis alta das catro provincias galegas, estando tamén por riba da media nacional e achegándose ao 19,63 por cento.
Segundo a EPA son 85.500 persoas da provincia están en situación de desemprego o que para a Presidenta da Deputación é “unha mala noticia e esixe das administracións que poñamos todo da nosa parte para corrixir esta situación con todas as nosas posibilidades e esforzos, sobre todo, fago unha chamada a Rajoy e Feijoo, que teñen as competencias, para duplicar a súa labor cara a reducir estas cifras e non caer na autocomplacencia”.
Nembergantes un dos datos máis importantes que reflexa a EPA a xuízo de Carmela Silva é a situación dos fogares nos país con todos os seus membros en desemprego. Os datos da EPA reflexan que 1.394.700 fogares de todo o país teñen a todos os seus membros en paro, cun incremento de 6.900 fogares sumados nestes tres primeiros meses do ano. “Cando vemos que as prestacións por desemprego caen mes a mes é moi preocupante e dramático que case que 1,4 millóns de fogares teñan a todos os membros das listas do desemprego e que enquisa tras enquisa a cifra segue a aumentar”, subliñou Silva.
Para a Presidenta da Deputación á temporalidade da contratación, que se achega neste trimestre case o 26 por cento, e as altas cifras de desemprego feminino son os outros aspectos máis inquietantes que arroxa a nova EPA deste trimestre.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149