CULTURA
A gala dos IV PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA reivindicará o papel das mulleres na música
MÚSICOS AO VIVO presentou hoxe un vídeo promocional centrado nas estatuñíñas dxs Melómanxs; e fixo pública a composición do xurado que escolleu os proxectos premiados que se coñecerán na gran festa anual da música galega o vindeiro 3 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.
![[Img #32220]](upload/img/periodico/img_32220.jpg)
Esta mañá presentouse en rolda de prensa un avance da gala na que se van entregar os IV PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA, unha celebración que se volverá celebrar no Pazo da Cultura de Pontevedra e que por segundo ano consecutivo conta coa dirección artística da compañía de teatro A PANADARÍA. No acto participaron a concelleira de Cultura Carme Fouces; a presidenta de MÚSICOS AO VIVO, Iria Pinheiro; a directora de Marketing das Bodegas Martín Codax, María Garrido; o director da AGADIC, Jacobo Sutil; o responsable de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal; e Areta Bolado unha das integrantes da compañía de teatro A PANADARÍA, quen explicou que a gala desta cuarta edición está plantexada desde unha perspectiva de xénero coa que pretenden reivindicar o papel das mulleres no sector musical e traballar por ‘un mundo no que non perdamos a visión da metade das persoas que o habitamos’. Bolado, avanzou que o espectáculo que preparan contará cunha banda base composta íntegramente por mulleres que acompañarán as actuacións doutras compañeiras músicas, premiadas na anterior edición e engadiu que “todxs xs gañadorxs da anterior edición van estar presentes nesta gala: actuando, entregando premios ou a través de versións paródicas das súas músicas ideadas e interpretadas pola Panadaría”. Tamén deu algunha pista sobre a sinopse, “unha historia na que un trío de cantantes que se fan chamar ‘As Pataconas’ e que son unha sorte de ‘Supremes á galega’, están preparando unha cea que os gañadores e gañadoras van degustar despois da gala; a partir de aí imos construíndo paralelismos entre a música e a gastronomía porque cremos que a música galega, igual que a comida, ten moitos sabores e moi diferentes”.
Pola súa parte, Iria Pinheiro, presidenta de MÚSICOS AO VIVO, apuntou que a gala deste ano “ademais de ser a gran festa da música galega vai ser un acto onde se reivindiquen as demandas do sector”. Neste sentido mencionou a nova lei de espectáculos, as políticas municipais para regular a música ao vivo, a necesidade dunha maior presenza da muller na asociación e nos premios, a constitución dunha cooperativa de facturación galega e a importancia de promover unha educación musical de calidade. Pinheiro tamén fixo pública a composición do xurado que escolleu os proxectos premiados de entre os 57 finalistas previamente votados polas socias e socios de MÚSICOS AO VIVO. A presidenta de MAV, Iria Pinheiro aclarou que ‘co obxectivo de velar pola lexitimidade e coherencia da convocatoria”, os integrantes deste xurado non se coñecían entre eles, non tiña relación directa con ningún dos proxectos finalistas, e fixeron as súas votacións a través da web do certame www.premiosmartincodaxdamusica.com . Seguindo estas indicacións a ASOCIACIÓN DE MÚSICOS AO
VIVO designou ao seguinte xurado:
Abe Rábade, MÚSICO. Licenciado cum laude polo prestixioso Berklee College of Music de Boston, o intérprete e compositor compostelán ten un currículo cheo de premios e éxitos que se suceden dende comezos da década pasada. Con varios álbumes publicados e unhas virtudes melódico-rítmicas que desbordan a rutina é un dos grandes do jazz no noso país.
Nastasia Zürcher, MÚSICA. Cantante e compositora suizo-galega nacida en Xenebra nunha familia de músicos, medrou inmersa nun universo cheo de melodías e ritmos multiculturais. A finais de 2015 publicou o seu agardado primeiro traballo en solitario, ‘My Flight,’ co que gañou o Premio Martín Códax da Música 2016 na categoría de ‘Blues, Funk & Soul’,
Benxamín Otero, MÚSICO. Estudioso e intérprete do folclore galego ten unha traxectoria moi experimental e innovadora na que gusta de probar formatos que combinan música con maxia, contacontos ou teatro. É autor dun bo feixe de bandas sonoras e ten formado parte de importantes proxectos musicais colaborando con destacadxs músicxs do país.
Teresa Cuíñas, REPRESENTANTE DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN. Licenciada en Filoloxía e Xornalismo pola USC. Desenvolveu o seu labor profesional en medios como Atlas Galicia, Radio Nacional, TVE e El País. Vencellada ao xornalismo musical de xeito constante, actualmente, traballa nos Servizos Informativos da Televisión de Galicia e colabora coa revista Rockdelux como crítica musical.
Xulio Cordeiro, REPRESENTANTE DA INDUSTRIA MUSICAL. Actualmente é responsable de produción da Cidade da Cultura. Foi coordinador das producións dos festivais Cultura Quente, Vigo Transforma e Ortigueira; socio e director da empresa XXL Produción e Loxística, manager de Berrogüetto, tour manager de Luar na Lubre, responsable técnico do Centro Coreográfico Galego.
Zósimo López, REPRESENTANTE DO ÁMBITO DA FORMACIÓN MUSICAL. Doutor en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou no sector das promotoras de concertos e é autor dunha tese que analiza o negocio da música ao vivo entre 1975 e 1990.
Noemí Vázquez, REPRESENTANTE DAS SALAS DE CONCERTOS. Propietaria da Arca da Noe, un local a medio camiño entre a tasca rural de toda a vida e a sala para escoitar música de todos os estilos, pero que aopia especialmente a proxectos musicais galegos; o ano pasado fíxose co Premio Organistrum na categoría de salas.
A nova concelleira de cultura, Carme Fouces, asegurou que os Premios Martín Códax están taxudando a facer rendible unha industria na que somos potencia, creando un ecosistema musical e dando visibilidade a través da súa web a case 1.000 proxectos musicais nestas catro edicións. Neste sentido, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, sinalou que o ano pasado houbo un incremento do 16% na afluencia de público aos concertos da Rede de Música Ao Vivo que a administración autonómica organiza en estreita colaboración coa ASOCIACIÓN DE MÚSICOS AO VIVO e coas salas; un dato que según Sutil indica que o público está demandando cada vez máis música feita no noso país. Xosé Leal apuntalou esta mesma idea explicando que, agora que os premios están instaurados, hai que consolidar certas pautas que axuden a crear sinerxias dentro do sector musical. Pola súa parte, María Garrido, loubou a gran capacidade da MAV para xerar sector dunha forma totalmente desinteresada xa que ninguén na asociación cobra por este traballo fundamental para a profesión e para toda a cidadanía.
Este é o listado dos 57 proxectos nomeados que optarán a recibir algún galardón na gala dos IV Premios MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA: http://www.premiosmartincodaxdamusica.com/finalistas
Lembramos que a Gala será retransmitida en directo por STREAMING GALICIA a través da nosa web www.premiosmartincodaxdamusica.com e en diferido o sábado 6 de maio na TVG a partir das 00:00.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106