Martes, 23 de Septiembre de 2025

Xornal21
Domingo, 30 de Abril de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Comeza o arranxo do parque infantil do parque do Cristo

 

 

[Img #32222]A Concellería de Parques e Xardíns, que dirixe Orlando Márquez, ven de iniciar as obras de mellora do parque infantil da Praza do Cristo, que abranguerá a reparación dos compoñentes do mesmo- columbios, tobogán, balancín ou torre- ademais da substitución do chan e a eliminación de calquera elemento que represente un risco para os cativos.


Estes traballos foron aprobados hai semanas,  á vista da necesidade do deterioro deste lugar de lecer de nenas e nenos, e que esperaron para iniciarse a que ao cumprimento dos trámites legais.


Esta é o primeira das actuacións previstas nos parques infantís do Porriño, tal e como proporá o concelleiro de Parques e Xardíns ao Pleno do Concello, dentro dun proxecto que tamén contempla o arranxo e modernización dos parques do Centro Social de Atios, os de Orbenlle, e A Forna, na parroquia de Budiño, os dos centros sociais de  Mosende e Pontellas, o de Torneiros, o de Fontevella, na rúa Pío XII ou o do Matadeiro, á beira do Louro, entre outros.


O proxecto, ademais do cambio dos elementos deteriorados por outros novos, ou a incorporación de novos chans de diferentes materiais, coma pavimento continuo de caucho, para extremar a seguridade e comodidade, contempla a instalación de compoñentes biosaudabeis-como timóns, andadores, volantes ou barras paralelas- para o uso por persoas de todas as idades, e elementos para persoas con diversidade funcional.


O concelleiro, aínda que celebra que o Partido Popular se preocupe por este tema, considera que é cando menos oportunista, considerando que o deterioro dos parques infantís do Porriño ven de ser denunciado polos veciños xa dende que o PP estaba á fronte do Goberno local, sen que, daquela se fixese nada para arranxalos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.17

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.