NIGRÁN
O Concello de Nigrán instala contadores de tempo para peóns nos semáforos urbanos de todo o municipio
O obxectivo é reforzar a seguridade vial do peón á hora de cruzar, sendo especialmente útil no caso de persoas con mobilidade reducida.
![[Img #32248]](upload/img/periodico/img_32248.jpg)
O Concello de Nigrán ven de habilitar contadores de tempo para peóns por valor de 4.600 euros en nove semáforos do centro urbano co obxectivo de reforzar a seguridade vial, sendo especialmente útil para persoas con problemas de mobilidade reducida. Este contador regresivo marca os segundos que faltan para o cambio de fase, así, xunto ao número de liñas que ten o paso de cebra (que dá unha medida da anchura da calzada) permite avaliar claramente se é posible ou non cruzar por completo antes do comezo da fase vermella.
Nestes mesmos semáforos o Concello incorporou o ano pasado un receptor bluetooth para detectar a presenza de invidentes e activar automáticamente o sinal acústico
Os novos dispositivos foron instalados exactamente nos mesmos semáforos nos que o ano pasado se puxo un sinal acústico para invidentes que se activa a través do móbil grazas ao receptor de bluetooth (suprimindo ao mesmo tempo o inconvinte de que soe indiscriminadamente mentras está en verde). Trátase, por tanto, de pasos de peóns nas zonas urbanas máis transitadas de Nigrán (rúas Rosalía de Castro, Estrada pola Vía, Val Miñor e Pablo Iglesias).
"É un paso máis dentro da nosa política de accesibilidade, forma parte da nosa visión de conxunto de 'Un Nigrán para todos'", explica o alcalde, Juan González, quen engade que "a accesibilidade vai máis alá de facer beirarrúas".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149