Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 01 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán convoca o concurso de carteis 'Quin Alborés' para retresentar a imaxe do Nigranjazz 2017

O prazo de presentación de traballos arranca o martes 2 de maio e finaliza o 9 de xuño. O gañador percibirá 500 euros.

O Concello de Nigrán convoca un ano máis o xa tradicional concurso de carteis 'Quin Alborés', dotado con 500 euros á proposta gañadora, co obxectivo de difundir a imaxe do Nigranjazz 2017. O prazo de presentación de propostas comeza o martes 2 de maio e remata o venres 9 de xuño. As bases para participar poden consultarse na web do Concello (www.nigran.org) ou na propia Casa Consistorial.

 

O concurso está aberto a persoas físicas ou xurídicas de Galicia maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e cunha estética relativa ao mundo do jazz. Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2 (594 x 420 mm.) cunha calidade mínima de 350 ppp. Os traballos presentados deberán garantir o anonimato dacordo co previsto nas bases e poderán enviarse por mail ou por Rexistro ou Correos seguindo as indicacións facilitadas nas devanditas bases.

 

Este certame rende homenaxe dende o ano 2010 ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do jazz e quen impulsou o Festival dende o seu comezo deseñando os seus tres primeiros carteis.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.