Lunes, 22 de Septiembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 03 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Educación facilitará que máis de 500 estudantes participen no Festival de Cans

[Img #32273]

 

Cincocentos estudantes e profesores dos centros  educativos do Porriño serán, por segundo ano consecutivo, protagonistas da Mini Can Parade, do Festival de Cans. Este venres a concelleira de Educación, Lourdes Moure, responsábeis do festival e representantes dos centros, acordaron “traballar conxuntamente” para que, de novo, alumnas e alumnos dos colexios porriñeses deixen a súa pegada no certame de cine máis coñecido de Galicia.


Estudantes de 8 centros da vila participarán no proxecto ‘Debuxa Cans’, sobre tema libre co ‘espírito’ de que “todos xuntos facemos o festival”. Así mesmo, como indicou a concelleira, tamén traballarán xuntos no ‘decorado’ do festival e os seus traballos, antes de rematar en Cans, coincidindo coa proxección das películas, estará exposto na ‘rúa’ peonil do Porriño.


Lourdes Moure subliña que actos de vandalismo como os que se viviron noutras ocasións, non impedirán que se leve a cabo esta actividade e salienta que dende o Concello “faremos unha labor de concienciación no respecto polo traballo dos demais”.


Ademais, os días 24,15 e 26 de maio, estudantes e profesores asistirán nos mesmos alpendres e adegas que farán de sas de cine durante o certame, ao pase de distintas películas. O Concello, lembra Lourdes Moure, colabora nesta actividade poñendo os autobuses nos que se desprazaran alumnos e profesores ata a parroquia de Cans.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.