Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 02 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Semana das Ciencias pecha o seu ciclo de Conferencias cunha extraordinaria participación de público

Unha media de duascentas persoas asistiron ás cinco conferencias que se desenvolveron ao abeiro desta iniciativa da Concellería de Ensino que xestiona Cristina Fernández.

[Img #32276]

 

A Semana das Ciencias de Ponteareas pechou a semana pasada o seu ciclo de conferencias cunha participación de público que superou as previsións máis optimistas da organización: unha media de duascentas persoas asistiu ás charlas impartidas por destacados persoeiros e persoeiras do mundo da ciencia que, de xeito ameno, cumpriron co obxectivo primordial desta iniciativa que non é outro que achegar a ciencia á cidadanía.


Durante catro días, relatoras e relatores da categoría da historiadora e antropólga física, Andrea Fernández Vilela; Xerardo García Mera, licenciado en Farmacia e doutor en Química Orgánica; Bárbara Álvarez Besadio, licenciada en Bioloxía e máster en Biotecnoloxía; Sergio Quiroga Rivero, enxeñeiro agrónomo e fundador de Ecocelta e Jorge Mira Pérez, licenciado e doutor Europeo en Física, contribuíron a facer da ciencia algo máis próximo e de grande interese.


Cristina Fernández, concelleira de Ensino e promotora desta iniciativa que acada con esta a súa segunda edición, non podía ocultar a súa satisfacción “pola extraordinaria resposta dos veciños e veciñas de Ponteareas e esta Semana das Ciencias”.

 

 

 

 

As actividades continúan hoxe venres coa Feira das Ciencias e pecharanse mañá sábado coa actividade ‘Achégate a Ciencia’ para pecharse coa representación teatral de Artello Teatro, ‘Non toques os meus círculos’

 

 

 


A edil ponteareá destacaba o interese da veciñanza e da comunidade escolar por esta iniciativa “que camiña cara a súa consolidación e a facer que a Semana das Ciencias de Ponteareas sexa un referente en todo o país”. Quixo destacar Cristina Fernández “o interese amosado polos alumnos e alumnas que participaron e participan ata o sábado, nas distintas actividades”. Dito interese, apunta a responsable de Ensino do Concello de Ponteareas, “fala ben as claras da capacidade que teñen os nosos rapaces e rapazas de asimilar a ciencia e mirala dende unha visión mais divertida e, non por iso, menos didáctica e rigorosa”.


As actividades continúan hoxe venres, 28 de abril, entre as 17 h e as 20 h, coa denominada ‘Feira das Ciencias’ que se desenvolverá nas rúas Morales Hidalgo e Estrada onde alumnos e alumnas dos centros escolares, co apoio dos seus profesores, expoñerán en pequenos espazos inventos, proxectos investigacións de moi diversa índole e onde o público poderá interactuar con cada un destes inventos.


Mañá 29 de abril, ás 12 horas e nos Xardíns da Xiralda e baixo o título de ‘Achégate á Ciencia’ o alumnado dos centros escolares de Ponteareas amosarán diferentes experiencias científicas.


A II Semana das Ciencias de Ponteareas, pecharase ás 19 horas coa actuación da compañía Artello Teatro que poñerá en escena a obra ‘Non toques os meus círculos’ un divertido espectáculo que, para a súa creación, contou co asesoramento do departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.