Lunes, 22 de Septiembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 03 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

López-Chaves visita o centro sociocomunitario do Porriño

O delegado territorial da Xunta na área de Vigo interesouse polas actividades desenvolvidas e que benefician anualmente a preto de 3.600 veciños.

[Img #32280]

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo a semana pasada un encontro co director do centro sociocomunitario do Porriño, David González, co obxectivo de interesarse polas actividades desenvolvidas das que se benefician anualmente preto de 3.600 veciños da localidade pontevedresa.

 

Logo de se ter reunido no pasado mes de febreiro cos directores e directoras dos centros sociocomunitarios de Vigo e a súa área de territorial, o representante do Goberno galego inicia en O Porriño unha rolda polos devanditos centros. Segundo lle trasladou o responsable destas instalacións, nelas realízanse desde excursións, talleres e charlas, ata ximnasia, actuacións musicais, bailes, comidas ou festas que se van programando ao longo do ano.

 

 

 

 

Os 9 centros da área de Vigo mobilizan uns 10.000 usuarios en conxunto aos que se lle ofrecen máis de 200 actividades

 

 

 

 

A área territorial de Vigo conta cun total de 9 centros sociocomunitarios: tres en Redondela, Baiona e O Porriño mentres que no caso da cidade olívica, existen 6. Rivera Atienza, Bouzas, Coia, Pi y Margall, Teis e O Calvario son as instalacións polas que, de media, adoitan pasar unhas 1.000 persoas ao ano para se beneficiar das súas actividades ou para disfrutar doutros servizos que se ofrecen coma a biblioteca, sala de xogos, ler a prensa, cafetería, servizos de podoloxía ou perruquería, etc.

 

En total, os 9 centros sociocomunitarios mobilizan entre 9.000 e 10.000 usuarios anuais aos que, de xeito global, se lles ofrecen máis de 200 actividades. Cursos de taichi, bolillos, informática, inglés, música, obradoiros de cerámica, de costura ou cociña, entre outros moitos, se suman ás excursións, charlas ou conferencias que todos os días se ofertan nestas instalacións que dependen da Consellería de Política Social.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.