Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 03 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A sede da Eurocidade Monçao-Salvaterra achega ás dúas localidades para desenvolver proxectos en común

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu á inauguración da sede de traballo que servirá de impulso para a cooperación entre os dous municipios.

O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asistiu este luns á inauguración da sede da Eurocidade Monçao-Salvaterra de Miño e destacou a súa importancia para que as dúas localidades desenvolvan proxectos en común que permitan afondar na importancia da cooperación transfronteiriza.

 

Rueda participou nun acto ao que asistiron o secretario de Estado das Comunidades Portuguesas do Goberno de Portugal, Jose Luis Carneiro; o alcalde de Salvaterra de Miño, Arturo Grandal, e o alcalde de Monçao, Augusto Domínguez.

 

Esta Eurocidade constituiría o terceiro organismo de cooperación local entre Galicia e Portugal despois das eurocidades de Chaves-Verín e de Tui-Valença. O edificio está situado en Monçao, no antigo posto da fronteira, e contará con persoal encargado de informar e de pór en valor todo aquelo que identifica aos dous pobos: o río, a cultura, a historia ou a gastronomía.

 

Ademais de dar información, o persoal estará centrado na realización de actividades e actos conxuntos entre os dous concellos. Así mesmo, traballará e presentará proxectos con vistas a candidaturas a fondos europeos co fin de revalorizar, optimizar e dar novos recursos aos máis de 30.000 veciños que conforman a Eurocidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.