Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 02 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Mos crea o programa Activa Xuventude para a mocidade do municipio

O seu lema é ‘DeMostra’, un imperativo motivador que pretende que os rapaces mosenses disfruten dos seus anos mozos pero formándose e alonxados de hábitos de vida pouco saudables.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación e Participación Cidadá, Kely Monzón presentaron a programación de actividades –para este mes de maio- dirixidas á mocidade do municipio organizadas dende o Concello que leva por título Activa Xuventude e enmárcase baixo o lema ‘DeMostra’.


O programa de actividades para a xuventude mosense inclúe un obradoiro de graffiti, un curso de escaparatismo, unha obra de Cándido Pazó, e unha saída en Kaiak. Estas son as iniciativas organizadas para o presente mes, pero o programa Activa Xuventude proporá diferentes actividades mensualmente ao longo de todo o ano.


O obradoiro de graffiti impartirase do 5 ó 7 de maio en diferentes horarios. O venres 5 realizarase de 16.00 horas a 20.00 horas, o sábado 6 de maio de 17.00 horas a 19.00 horas e o domingo día 7 de 10.00 horas a 14.00 horas. Este obradoiro está dirixido a mozos e mozas menores de doce anos os días 5 e 6 de maio, mentres que o domingo 7 de maio dirixirase a maiores de doce anos. Nesta actividade, ademais de aprender diversas técnicas de graffiti, os participantes pintarán no muro do Multiusos unha imaxe representativa e identificativa da xuventude mosense. Os interesados en inscribirse poden facelo no telefono 986 339 404 e no email omix@concellomos.es


O curso de escaparatismo vai dirixido aos maiores de 16 anos. Impartirase os sábados 13 e 20 de maio cun custe de 20 euros para os empadroados e 28 para os non empadroados. Levarase a cabo no Multiusos das Pozas en horario de 09.00 horas a 14.00 horas. O período de inscrición atópase xa aberto e rematará o vindeiro 10 de maio.


Por outra banda o día 19 de maio Cándido Pazó realizará a obra “Memorias dun neno labrego” no auditorio do Multiusos ás 22.00 horas. Trátase dun espectáculo dirixido a rapaces e rapazas de 16 anos en diante e a entrada é completamente libre e de balde ata completar aforamento.


Por último día 27 de maio realizarase unha saída en Kaiak por Aldán dirixida a maiores de 18 anos. O prezo será de 10 euros para os empadroados en Mos e 15 euros para os non empadroados. A actividade comezará coa saída do autobús dende o edificio de Urbanismo ás 15.45 horas e ás 16.30 horas prevese que xa estean partindo os kaiaks para realizar dúas horas de ruta. O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns 8 de maio e rematará o 24 deste mes.


Os obxectivos deste programa son “ofrecer alternativas de ocio saudable á mocidade mosense, así como promover en Mos unha xuventude formada, motivada e activa que viva os seus anos mozos alonxada de hábitos e prácticas nocivas para a súa saúde e desenvolvemento persoal”, declararon as representantes municipais Arévalo e Monzón, quenes insistiron en que “queremos que os rapaces e rapazas mosenses demostren o moito que valen, e con este programa ofertámoslles diferentes e variados espazos para que o fagan.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.