PONTEAREAS
Ponteareas confecciona a tradicional alfombra de flores no Santuario de Fátima
Os alfombristas de Ponteareas deixaron patente, un ano máis, a capacidade de amosar o seu arte floral en Fátima pese as condicións meteorolóxicas adversas.
![[Img #32322]](upload/img/periodico/img_32322.jpg)
Como ven sendo habitual nos últimos anos, un nutrido grupo de alfombristas de Ponteareas confeccionou na localidade portuguesa de Leiría, unha alfombra floral no Santuario de Fátima. A expedición ponteareá, que chegaba a vila lusa en autobús na mañanciña, tivo que facer fronte a unhas condicións meteorolóxicas totalmente adversas que fixeron, que ademáis do duro traballo de confección da alfombra, esta tivera que ser obxecto de contínuos retoques naqueles puntos no que o seu traballo era desfeito pola chuvia.
Pese aos problemas, o tapiz floral de Ponteareas lucía perfecto ao paso da procesión, que tivo lugar ás cinco da tarde. Os veciños e veciñas de Ponteareas estiveron, en todo momento, rodeados por centos de persoas que non querían perder detalle do esmerado arte floral do que fan gala os e as ponteareás na confección das súas alfombras considerados, alí por onde van, como auténticos mestres na confección de tapices florais. De feito os espectadores facían longas colas para poder fotografiar a alfombra da Vila do Tea.
Representantes da organización quixeron agradecer o aopoio prestado polo Concello de Ponteareas e a presenza de membros do equipo de Goberno que se achegaron a Leiría o domingo pola mañá para ver o desenvolvemento dos traballos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149