Lunes, 22 de Septiembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 03 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

ACIPOR y el Consello Regulador do Pan do Porriño preparan ya la IIª Fiesta del Pan de Porriño

[Img #32326]

 

A Asociación de Comerciantes do Porriño (ACIPOR) e os panadeiros integrados no recentemente creado Consello Regulador do Pan do Porriño se atopan xa inmersos no proceso de organización da IIª Feira do Pan do Porriño, un evento que chega á súa segunda edición logo dunha primeira edición  que sorprendeu aos asistentes pola súa variedade de actos e eventos de promoción do pan e productos convidados. A segunda edición desta festa, celebraranse o venres 2 e o sábado 3 de Xuño co obxectivo de consolidar o envento e convertilo nunha Feira de referencia gastronómica na comarca.e da industria panadeira en Galicia.

 

As recentes pesquisas históricas que indican que a tradición do pan do Porriño se remonta alomenos a antes do ano 1600, puxeron de manifesto a importante tradición artesanal deste produto pasado de xeración en xeración e da boa calidade das fariñas da zona, que fixeron famoso non só en Galicia senón tamén en referencias estatais do famoso “pan-trigo do Porriño” .

 

[Img #32327]A IIª Feira do Pan do Porriño manterá ademáis dos stands dos paneiros integrados no Consello Regulador do Pan do Porriño, 8 productos convidados entre os que se atoparán meles e marmelos tradicionais, viños da comarca, embutidos, queixos, conservas e productos artesanáis que maridan perfectamente co Pan do Porriño para continuar co enfoque do “panidaxe” do Pan do Porriño coa gastronomía artesanal e a cociña gourmet. Tampouco faltará un show cooking co pan do Porriño a cargo de cociñeiros expertos, o obradoiro de pan para os nenos (O Minipan) e diferentes eventos lúdicos.

 

Entre as novidades da IIª Feira do Pan do Porriño, se ten como obxectivo consolidar non só o evento gastronómico senón tamén convertirse nun foro temático sobre a industria panadeira, as calidades das fariñas, a tradición, a formación e o emprendemento artesanal panadeiro e tamén no aspecto biosaudable do pan coa celebración dunha Xornada sobre o pan e a industria panadeira que se celerará o venres día 2 de Xuño, como apertura da Feira, e que pretende ser referencia obrigada en Galicia sobre a materia e a realización de master class de elaboración de Pan do Porriño e produtos de panadería. Para os madrugadores e amantes do bó desayunar tamén se prepara algunha sopresa a primeira hora da Feira cun evento expecífico bautizado co nome de “Ben  Desayunar!”.

 

A Feira será testigo tamén da presentación da etiqueta “Pan do Porriño”, a marca de calidade na que os panadeiros estiveron traballando dende o ano 2015 e que se prevé implantar para certificar o pan realizado polas panaderías integradas no Consello Regulador do Pan do Porriño e que pretende identificar o calidade e a tradición artesanal do pan do Porriño e diferencialo doutros formatos de pan máis industriais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.