Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 04 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño contrata catro persoas desempregadas para controlar a flora exótica invasora na ribeira do Miño

Con esta intervención téntase concienciar á poboación e a outras administracións públicas, da importancia do problema.

[Img #32345]O Concello de Tomiño está levando a cabo a segunda fase do proxecto de control de flora exótica invasora na ribeira do Miño. Esta segunda fase comezou coa realización dun curso de formación sobre a problemática das especies invasoras, celebrado durante o mes de marzo.


Posteriormente, entre os asistentes ao curso, procedeuse á contratación de catro persoas desempregadas, residentes en Tomiño, co propósito de realizar as labores de erradicación. Os traballos comezaron no mes de abril e continuarán ate finais de maio.

 

As labores enmárcanse dentro do Proxecto de erradicación e control de flora exótica invasora na Zona de Especial Conservación (ZEC) Baixo Miño, dentro da Rede Natura 2000. Este proxecto está cofinanciado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

 

Ate o momento, o grupo a cargo da intervención, eliminou mimosas, calas, herbas da pampa e tritonias (sobre 200 exemplares en total); aproximadamente 1000 exemplares de acacia negra e robinia, uns 600 m2 de tradescantia fluminensis e máis de 4000 plantas de eucalipto.

 

 

 

 

As labores enmárcanse dentro do Proxecto de erradicación e control de flora exótica invasora na Zona de Especial Conservación (ZEC) Baixo Miño, dentro da Rede Natura 2000

 

 

 

 

Estas intervencións estanse a realizar tanto en terreos públicos, como en fincas privadas, previo contacto e autorización dos propietarios.

 

A ZEC Baixo Miño é o segundo espazo natural de Galicia, con maior número de invasoras, o que supón un risco considerable para as especies autóctonas, que son as que configuran a singular paisaxe e os valores naturais únicos e diferenciados deste último tramo de ribeira.

 

Con este proxecto, segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, Mª Xosé Vázquez, o  Concello de Tomiño pretende iniciar unha liña de traballo á que se lle pretende dar continuidade no tempo, e incluso estendela a outras áreas.

 

Ademais, “con esta intervención téntase concienciar á poboación e a outras administracións públicas, da importancia do problema”, advirte a concelleira, quen participou nunha das sesións de  limpeza (fotos).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.