A Deputación de Pontevedra asina por segundo ano o convenio de patrocinio co Pontevedra C.F.
Carmela Silva destacou a importancia de patrocinar a un equipo de elite como este que “é un referente para a cidade e forma parte da súa historia e identidade”.
![[Img #32362]](upload/img/periodico/img_32362.jpg)
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a presidenta do Pontevedra Fútbol Club, Guadalupe Murillo Solís, xunto coa deputada de Deportes Chelo Besada, firmaron esta semana no Pazo Provincial un convenio de colaboración de 160.000€ máis IVE para o patrocinio da entidade deportiva na temporada 2016 - 2017. Carmela Silva amosou a súa satisfacción por colaborar cun equipo que “é un referente desta cidade, e que forma parte da súa historia e da súa identidade” e aproveitou a ocasión para demandar unha vez máis un IVE reducido para os clubs deportivos, o que permitiría que as achegas económicas que fan as administracións fosen de maior cantidade e suporía, ao mesmo tempo, unha vantaxe para os equipos deportivos nos seus orzamentos cuns menores gastos.
Carmela Silva fixo fincapé a liña de actuación da institución provincial á hora apostar polo deporte de elite e lembrou que “somos unha provincia que tempos moito que dicir no deporte a nivel estatal, europeo e mundial”. Precisamente, estas axudas enmárcanse dentro do Plan Estratéxico de Deportes da Deputación dirixido a divulgar e promover os valores da práctica deportiva, que así mesmo pretende tamén crear sinerxias cos clubs máis destacados da provincia en diferentes disciplinas para que se convertan en embaixadores da marca turística Rías Baixas.
A través deste convenio de patrocinio, que se asina por segunda vez este ano, o club pontevedrés deberá inserir en contraprestación o logo da Deputación de Pontevedra na camiseta oficial do primeiro equipo, nos marcadores, na web e nos photocoll, así como publicidade estática no interior e no exterior do estadio de Pasarón.
Pola súa banda, a presidenta do Pontevedra, Guadalupe Murillo quixo agradecer a dispoñibilidade e interés ofrecido persoalmente por Carmela Silva por este equipo dende o primeiro minuto ao fronte do goberno provincial e asegurou que a presidenta ten demostrado con este compromiso que “realmente cre no deporte, no moito que o deporte aporta á economía e que sabe o moito que este club significa”. Así mesmo, Murillo valorou moi positivamente a axuda recibida pola Deputación de Pontevedra nos seus peores momentos e sinalou que institución “provincial “é o primeiro patrocinador do Pontevedra Club de Fútbol nos últimos anos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136