Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 05 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A campaña “Moito por descubrir” chega este luns a Lisboa da man da Deputación de Pontevedra

Cruzando camiños, festivais, enoturismo e calidade centrarán a presentación de Turismo Rías Baixas na capital portuguesa.

[Img #32365]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada do Vicecónsul de Portugal, Manuel Correia da Silva, adiantou onte as actuacións que a institución provincial desenvolverá en Lisboa a vindeira semana. Silva resaltou “a dobre vertente desta visita á capital portuguesa xa que amais de promover o destino Rías Baixas ten por obxectivo avanzar no fortalecemento das relacións entre a provincia de Pontevedra e Portugal”.

 

Os catro eixos da promoción turística do destino Rías Baixas, os camiños a Santiago que cruzan a provincia, os festivais Rías Baixas, o enoturismo con Cambados como Cidade Europea do Viño, e a calidade turística, serán os protagonistas da presentación de destino que a Deputación de Pontevedra realizará o vindeiro martes no Centro Galego de Lisboa, presidido polo galego da Lama, Álvaro Moreira.  “Alí – en palabras de Carmela Silva- se darán cita representantes da sociedade española en Lisboa amais dos principais axentes do sector turístico e dos medios de comunicación da capital portuguesa”.

 

Esta presentación trátase dunha estratexia de implicación da sociedade galega residente no exterior na promoción e posta en valor do destino Rías Baixas, conseguindo así un efecto multiplicador na promoción dos recursos turísticos da provincia. De feito, Carmela Silva afirmou que “Portugal é o principal mercado estranxeiro na nosa comunidade, cun crecemento con respecto ao 2016 do 23%, con máis de 225.000 viaxeiros e viaxeiras das e dos cales máis do 50% elixiron a provincia de Pontevedra”.

 

 

 

 

Carmela Silva, acompañada de alcaldesas e alcaldes, será recibida na sede da Assambleia da República de Portugal e se reunirá co número dous do Ministerio de Exteriores

 

 

 

 

A presentación do destino Rías Baixas terá lugar o martes 9 de maio no Centro Galego de Lisboa, ata o que se desprazarán alcaldes e alcaldesas da provincia, representantes dos Festivais Rías Baixas e do sector enoturístico. Nela, tal e como manifestou a Presidenta da Deputación, con música en directo e showcooking en colaboración co SeaFest, “porase en valor que Lisboa e Pontevedra comparten un importante activo turístico como é o Camiño Portugués que comeza en Lisboa e cruza toda a provincia de Pontevedra”.  Ademais, Silva engadiu que “queremos aproveitar o nomeamento de Lisboa como capital iberoamericana da Cultura 2017 para capitalizar a promoción da ruta xacobea e promover os festivais Rías Baixas e o enoturismo, con Cambados como Cidade Europea do Viño”.

 

Xunto á promoción turística, tal e como asegurou a Presidenta da Deputación, esta actuación busca “avanzar no fortalecemento das relacións culturais e institucionais con Portugal” e así, complementarase cun encontro coa Asociación de Mulleres Profesionais Españolas en Lisboa, o luns 8 de maio, para compartir experiencias e reflexións sobre as políticas de igualdade en Europa.  

 

O martes 9 de maio, Carmela Silva e a delegación pontevedresa reunirase con José Luis Carneiro, Secretario de Estado das Comunidades Portuguesas no Ministerio das Relaçoes Exteirores e será recibida na sede da Assambleia da República de Portugal.  Tamén terá lugar un encontro con Javier Rioyo, director do Instituto Cervantes en Lisboa, xornalista, escritor e cineasta que – en palabras de Silva- “é todo un embaixador de Rías Baixas xa que leva máis de 20 anos veraneando en Aldán e está moi interesado en promover sinerxías para impulsar o Camiño Portugués desde Lisboa”.

 

Ao respecto dos camiños cara Compostela que atravesan a provincia de Pontevedra, Carmela Silva deu a coñecer datos relativos ao número de persoas peregrinas que cruzan Rías Baixas. En concreto,  Silva asegurou que “o Camiño Portugués duplicou o número de camiñantes, pasando dos 3.315 no 2016 aos 6.213 neste ano, e no caso da Vía da Prata o crecemento foi do 50%, pasando dos 699 en 2016 ás 929 persoas en 2017”. Tamén mencionou Silva o número considerable de camiñantes nas novas rutas como o Camiño Portugués pola Costa que, pese a non ter comparativa con 2016, só no mes de abril xa a percorreron 449 persoas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.