SALVATERRA DE MIÑO
O Concello de Salvaterra de Miño reparte unha nova remesa de composteiros
![[Img #32369]](upload/img/periodico/img_32369.jpg)
Dende o departamento de Medio Ambiente do Concello levan "anos traballando para reforzar e concienciar sobre a reciclaxe e o sistema de recollida selectiva, ademais de facer un gran esforzo para achegar este servicio a todos os nosos veciños e veciñas, co fin de seguir reducindo a cantidade de lixo enviado ao contenedor verde, e así mellorar o noso medio ambiente, xa que esa será a herdanza que lle deixamos aos nosos fillos e fillas". Nas ultimas datas coa colaboración de Sogama iniciaban un proxecto de compostaxe caseira que sigue aberto a todos aqueles que queiran participar.
Hai uns meses que comezaron con este proxecto no que participaron 25 familias, e o resultado aseguran "esta a ser moi bo, polo que decidimos seguir potenciando este sistema e colaborar con máis veciños".
Esta semana entregábanse 16 novos composteiros, pero o obxectivo é chegar a moitos veciños máis "xa que toda aquela persoa que teña unha casa pode participar e crear o seu propio compost para utilizalo na súa finca ou no seu xardín, unha maneira ecolóxica e natural de traballar, pero sobre todo unha maneira de coidar o noso medio ambiente, algo do que cada día somos máis conscientes, e esperamos chegar a moitas máis casas".
Nestes momentos tamén se está estudando a posibilidade de facer un sistema de recollida de compost no Casco urbano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60