Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 07 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Máis de 30 persoas esfórzanse para sacar o Graduado en ESO en Tomiño

As ciencias exactas son o punto débil dos estudantes, mentres que en ciencias sociais teñen boa base.

[Img #32371]

 

As ciencias exactas son o punto débil do alumnado adulto de ESO en Tomiño. Así o amosa a ampla experiencia do Concello de Tomiño, que vén impartindo cursos de educación de adultos dende hai máis dunha década.


As dificultades para a expresión escrita así como as faltas ortográficas é outra das constantes, o que vén unido á falla de interese pola lectura en xeral.


Pola contra, a base en ciencias sociais, parece ser a máis sólida na maioría das persoas que queren sacarse a ESO coma adultos.

 

No curso 2016-2017 o Concello contou cunha subvención de Deputación para a contratación dunha docente. O grupo actual está composto por 36 alumnos e alumnas, dos cales 7 conseguiron xa a cualificación de APTO, obtendo así o título de Graduado en ESO.

 

En termos xerais, un 69,5% do alumnado conseguiu aprobar todas ou algunhas das tres partes na que se divide o exame . O 21,7% obtivo o Graduado en ESO, e o 47,8% aprobou so un dos módulos cursados.

 

Perfil do alumnado:    
A media de idade do alumnado que asistiu a clase neste curso lectivo 2016-2017, é de 21 anos, tendo o máis novo 18 e o maior, 50. No que respecta ao sexo dos estudantes, neste curso o número de homes e mulleres está practicamente igualado.

 

En cambio, o nivel de estudos é moi variable; os máis novos soen chegar a segundo da ESO, mentres que os adultos maiores de 35 anos, levan moitos anos sen estudar, chegando daquela, ata o que era sétimo ou octavo de Primaria.

 

Metodoloxía das clases
A profesora encargada de impartir o curso, María Machicote, explica que a metodoloxía que sigue nas clases é teórico-práctica, “con sesións moi dinámicas onde participamos todos, alumnos e docente; tamén utilizamos un canón para a proxección de presentacións en Power Point , e dalgúns documentais que complementan a materia.
Entre as principais carencias detectadas pola profesora, figura a base en ciencias exactas. Ocorre o contrario cos coñecementos en ciencias socias, que “parece ser que é do que máis controlan, aínda que teñen dificultades para a expresión escrita, e faltas de ortografía, así coma falta de interese pola lectura en xeral, o que podería axudar moito a paliar estes problemas”, comenta a docente.


Porén, a profesora salienta a boa actitude e vontade dos estudantes ao seu cargo, que “son en xeral, xente moi traballadora e disposta, da gusto traballar con eles; teñen unha gran forza de vontade e ganas, xa que ademais de traballar e atender á familia, son capaces de estudar e aprender cousas novas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.