MOS
Arévalo presenta aos veciños o proxecto de humanización da Avenida de Puxeiros
O encontro foi un gran éxito de afluencia logrando congregar a 100 habitantes da zona que puideron expresar as súas demandas e realizar consultas ao equipo de goberno local.
![[Img #32378]](upload/img/periodico/img_32378.jpg)
Esta semana celebouse no Campo da Feira, unha reunión dirixida a toda a veciñanza de Puxeiros e arredores para presentar o proxecto da obra de humanización que se vai acometer na Avenida de Puxeiros, entre a glorieta da estrada Puxeiros-Mos e o acceso á Autovía A-55 no punto quilométrico 9.
Con dita xuntanza continúase a ronda de reunións polas parroquias iniciada polo goberno local a principios de ano. Na parroquia de Tameiga xa se celebraran os encontros en San Eleuterio e Costoias, quedando pendente o de Puxeiros porque a intención era levar este proxecto para proceder á súa presentación, exposición e explicación aos veciños da zona. Agora que xa se tiñan todos os datos para facelo, realizouse cun gran éxito de afluencia, posto que se congregaron un cento de veciños e veciñas durante a tarde de onte no Campo da Feira.
Ademais de presentar o proxecto do tramo de humanización xa aprobado, a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, anunciou que dende o Concello de Mos estase a estudiar a posibilidade de acometer a humanización da Avenida de Puxeiros, entre a glorieta da estrada Puxeiros-Peinador e a glorieta de ligazón de saída da AP-9.
Non existe proxecto aínda, xa que depende do desenvolvemento do tramo inicial por parte de promoción privada (a fábrica madeireira, que se vai a demoler), pero a administración local mosense xa elaborou unha infografía de como podería quedar a zona.
Pola súa banda a veciñanza asistente tivo a oportunidade de plantexar dúbidas e formular suxestións ao equipo de goberno local. Entre as principais demandas atopáronse a mellora das estradas provinciais Puxeiros-Mos e Puxeiros-Peinador, o maior control para evitar o tráfico pesado na Avenida de Puxeiros, o asfaltado da estrada Generoso Domínguez, o incremento de prazas de aparcadoiro na zona, a dinamización da vida de barrio mediante a organización de actividades lúdicas durante a fin de semana, etc.
Respecto das estradas provinciais a alcaldesa lembrou que no caso da Puxeiros-Mos a Deputación conta xa cun proxecto presentando polo Concello que ascende a uns 600.000 euros e do que a administración local asumiría o 30% da financiación, pero aínda se atopa esperando resposta do ente provincial. No caso da Puxeiros-Peinador, era unha obra comprometida polo anterior goberno da Deputación de Pontevedra que se está a espera de que a nova Deputación acometa.
E Arévalo anunciou tamén que do asfaltado de Generoso Domínguez xa está presentado o proxecto na consellería de Medio Rural e que se acometerá próximamente.
Detalles da humanización
Na reunión de onte tamén estivo presente o enxeñeiro encargado da redacción do proxecto que aportou datos técnicos respecto de obra de humanización que se vai acometer na Avenida de Puxeiros, entre a glorieta da estrada Puxeiros-Mos e o acceso á Autovía A-55 no punto quilométrico 9.
A Avenida de Puxeiros é un tramo da antiga estrada nacional N-120, cedida por Fomento ao Concello de Mos. Atópase humanizada parcialmente, entre a glorieta da que parten a EP-2603 (Puxeiros-Peinador) e a EP-2604 (Puxeiros-Rebullón) e a glorieta da que parte a EP-2601 (Puxeiros-Mos).
O Concello de Mos está concienciado sobre a necesidade de aumentar a seguridade viaria e humanizar os tramos de vías municipais que discorren polos núcleos máis urbanos. Por iso, para dar continuidade ao tramo urbanizado existente, tomouse a decisión de realizar a humanización do tramo que vai desde a ligazón coa A-55 no punto quilométrico 9 e acaba na glorieta da que parte a Estrada Puxeiros-Mos (EP-2601) e a Rúa Ludeiro, ao norte (PK 0+468)”.
O ámbito de actuación, ao sur do tramo urbanizado da Avenida de Puxeiros, actualmente carece de beirarrúas e ten unha iluminación pobre, nun tramo cun tráfico denso, ao servir de acceso á A-55 quilómetro 9 para algúns dos polígonos industriais da zona. Por iso, para mellorar a seguridade viaria dos peóns e dos usuarios da vía, as actuacións inclúen principalmente a humanización deste tramo da Avenida de Puxeiros, mediante a ordenación de espazos. Desta forma créanse itinerarios peonís máis seguros, con novas beirarrúas (marxe oeste) e sendas a nivel (marxe este).
Así mesmo, proxéctase un novo muro de pedra na marxe oeste, para conter a citada beirarrúa. E como obras complementarias que aumentan a seguridade viaria incluiranse a mellora da iluminación (farois con leds de baixo consumo), adecuación da drenaxe aos novos pavimentos, creación dunha mediana que se axardinará para urbanizar esta contorna, execución de pasos de peóns elevados e nova sinalización horizontal e vertical, entre outras.
O investimento previsto é de 261.858 euros e o prazo de execución prevese en 3 meses.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149