Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 05 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O mellor presentador do mundo de cabalos árabes, imparte un clinic na Feira Internacional de Galicia ABANCA

SERÁ A PRIMEIRA VEZ QUE DIRIXA UN CURSO, ESTREÁNDOSE A NIVEL MUNDIAL COMO FORMADOR-

[Img #32391]

 

A Feira Internacional de Galicia ABANCA acolle esta fin de semana un clinic de cabalos árabes impartido por Giacomo Capacci, considerado o mellor presentador do mundo desta raza.

 

Organizado pola Asociación Galega de Criadores de Cabalos Árabes (AGCCA), será a súa terceira edición no recinto e está orientado á presentación destes cabalos en concursos morfolóxicos. Contará con máis dunha vintena de alumnos procedentes de distintos puntos de Galicia e tamén doutras comunidades, como Andalucía ou Cataluña.

 

Este curso, que terá lugar durante toda a xornada de mañá sábado e tamén a mañá do domingo, contará con clases teóricas que abordarán como realizar un programa de adestramento para os cabalos que participan en shows, o programa de alimentación axeitado e o suplemento nutricional para este tipo de animais, o esquilado de cabeza e corpo enfocado a exhibicións (detallando coitelas a empregar e zonas a tratar) e o schooling (exhibición na que se expón o cabalo diante o xuíz). Ademais, analizaranse os diferentes parámetros á hora de puntuar un cabalo de show para sacar a maior nota final ante os xuíces.

 

Así mesmo, os alumnos inscritos tamén recibirán formación práctica con cabalos no ring hípico do recinto, a cal se centrarán no esquilado de cara, zonas e coitelas que deben empregarse, no schooling e no traballo de ramal, tanto no referido a tempos como a modo de realizalo axeitadamente.

 

Estrea mundial como formador
Este curso de presentadores celebrado na Feira Internacional de Galicia ABANCA será o primeiro que imparta Giacomo Capacci, estreándose a nivel mundial como formador, de man da Asociación Galega de Criadores de Cabalos Árabes

 

Este recoñecido adestrador e presentador conta cun centro propio en Cortona (Italia), o Giacomo Capacci Arabians, creado no ano 2005, o cal representa os mellores programas de cría e reprodución de cabalos árabes a nivel mundial e polo que teñen pasado para o seu adestramento oito exemplares campións do mundo (Gold Word Champion), presentados por Capacci. Ademais de contar  cun amplo historial de títulos nacionais e internacionais que segue aumentando, posúe como presentador varios títulos de Campión do Mundo do Salón do Cabalo de París, o maior galardón e  recoñecemento existente que pode acadar un cabalo árabe de show.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.