Ponteareas
Rías Baixas “Moito por descubrir” en Lisboa
A Presidenta da Deputación presentará este martes na Casa de Galicia a Campaña de Rías Baixas “Moito por descubrir” ante medios e operadores turísticos da capital portuguesa
![[Img #32447]](upload/img/periodico/img_32447.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada Digna Rivas e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, iniciou esta tarde a súa axenda institucional en Lisboa cun encontro coas mulleres da Asociación Ampel, integrada por profesionais españolas, maioritariamente galegas, que viven e traballan na capital portuguesa, e que dedican os seus esforzos ó intercambio e labores de acollida das mulleres recen chegadas á Lisboa, facilitando a súa introdución no mundo laboral e nerworking portugués.
Na reunión, a presidenta provincial compartiu coas mulleres de Ampel algunhas das iniciativas en igualdade postas en marcha nestes dous anos de goberno. Desde a propia creación do Servizo de Igualdade na Deputación, á Escola María Vinyals, o Protocolo para Detección de Violencia de Xénero nos centros de traballo, o programa “Mulleres en Acción. Violencia Zero”, os Premios Sofía Novoa, xornadas como as de Muller e Liderado, as de empoderamento da muller no rural ou as do mar, as Campañas de Xoguetes non sexistas ou iniciativas como “Sorrisos Transformadores”, “Cinema e Muller “ ou “Mulleres Imparables”
Carmela Silva comezou así a súa axenda na capital portuguesa onde mañá martes, acompañada de alcaldes e alcaldesas da provincia de Pontevedra e de representantes do sector turístico, presentará ás 11:00 horas, (12:00 en Galicia), a campaña “Moito por Descubrir. Rías Baixas por moitas razóns” coa que se promoverá a provincia como destino turístico ao longo de 2017. O acto vaise celebrar na Casa de Galicia de Lisboa ante os medios de comunicación especializados e operadores turísticos da capital portuguesa.
A campaña, que foi presentada nunha gala en Vigo, en Pontevedra e tamén en Madrid, na sede da SGAE, leva agora ata Lisboa os principais eixos promocionais elixidos pola Deputación de Pontevedra este ano: o enoturismo, con Cambados como Cidade Europea do Viño; as variantes do camiño cara Compostela, representadas polas seis rutas que transcorren polas Rías Baixas (Camiño Portugués tradicional, Camiño pola Costa, Vía da Prata, Camiño de Inverno, Ruta do Pai Sarmiento e Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla); os festivais musicais Rías Baixas e a calidade turística do destino Rías Baixas.
Amais, co gallo da promoción turística do destino Rías Baixas en Lisboa, a institución provincial quere aproveitar para impulsar e fortalecer as relacións entre a provincia de Pontevedra e Portugal. A Presidenta da Deputación tamén será recibida mañá pola tarde na sede da Assambleia da República de Portugal e, previamente, manterá unha reunión co número dous do Ministerio de Exteriores portugués.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136