GALICIA
A Xunta defende a xestión dos servizos de emerxencia durante o naufraxio do pesqueiro ‘Nuevo Marcos’
A Xunta de Galicia defendeu hoxe a xestión dos servizos de emerxencia durante o naufraxio do pesqueiro ‘Nuevo Marcos’, afundido na ría de Pontevedra o pasado 26 de abril. O Goberno autonómico desmentiu categoricamente as acusacións de neglixencia por parte do comité de folga do 112 e sinalou que os protocolos de actuación funcionaron de forma correcta.
A primeira chamada de alerta no centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE 112) recibiuse ás 5.32. Procedía dun particular que paseaba pola praia e que atopara a un dos mariñeiros mollado e con síntomas de hipotermia. Esa primeira conversa durou tres minutos e 36 segundos, xa que a persoa que chamaba estaba confusa. Ás 5.35 o CIAE 112 pon ao alertante en comunicación co 061. Ás 5.36 informa a Salvamento Marítimo do sucedido e este sinala que vai movilizar o helicóptero de salvamento. Ás 5.40 Salvamento Marítimo chama ao CIAE 112 e solicita falar co alertante e ás 5.42, o propio Salvamento Marítimo pide ao CIAE 112 que se mobilice ao helicóptero Pesca I de Gardacostas.
Por outra parte, sobre o aviso aos bombeiros de Pontevedra, a Xunta sinalou que en incidentes destas características os medios que se mobilizan son os de Salvamento Marítimo, que é a quen corresponde a resolución deste tipo de emerxencias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184