Domingo, 21 de Septiembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 10 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Feira do Libro do Porriño celebrarase do 11 ao 14 de maio

[Img #32472]Despois do éxito acadado na edición do pasado ano, a Feira do Libro do Porriño abrirá as súas portas o vindeiro xoves dia 11, de maio  nunha nova cita cos lectores da comarca. Enmarcada dentro das Feiras do Libro de Galicia que organiza anualmente a Federación de Libreiros de Galicia, conta co patrocinio e a colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, a Biblioteca Municipal do Porriño e o Concello do Porriño.

 

Na edición deste ano estarán presentes de novo importantes librarías nas que atopar as máis importantes publicacións do momento como, a Libraría Recondo, Libraría Pedreira, Libraría Paz, Libraría Nobel- Burela,Libraría Lafer,Libraría Copy-Rey,Libraría Cartabón,Libraría Arigató e Editorial Planeta.

 

Durante os días de celebración da Feira desenvolverase un importante programa de actividades totalmente gratuitas entre ás que se atopan presentacións de libros, talleres, representacións teatrais, etc. nas que poderá participar o público en xeral.

 

O pregón desta II edición da Feira do Libro do Porriño correrá a cargo do escritor e xornalista Diego Giráldez Garcia.

A inauguración terá lugar o xoves dia 11 ás 19,00 horas.

 

Instalada na Rúa Ramón González, o horario de apertura ao público será de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 21,00 h.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.148

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.