NIGRÁN
O Concello de Nigrán ofrece un obradoiro de humor gráfico a cargo do ilustrador nigranés Ivan R.
![[Img #32483]](upload/img/periodico/img_32483.jpg)
O Concello de Nigrán, a través do Servizo de Normalización Lingüística, ofreceu hoxe no IES Val Miñor e no CPI de Panxón sendos obradoiros de humor gráfico a cargo do ilustrador nigranés Ivan R. O artista ofreceu as nocións básicas desta disciplina a medio cento de alumnos de 3º e 4º da ESO. O Concello fomenta deste xeito o uso do galego entre as xeracións máis novas e ofrece un ensino transversal da lingua incluíndo competencias coma a artística. En definitiva, trátase de traballar a expresión e a creación literaria desde un punto de vista alternativo para permitir dar renda solta á imaxinación dos mozos. "Foi un obradoiro que os propios profesores destes centros educativos demandaron para estas idades e que dende o Concello consideramos moi interesante poder ofrecelo", explica o alcalde, Juan González.
O humor gráfico en galego constitúe precisamente unha das grandes achegas de Galicia á cultura universal a través de figuras coma o emblemático Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ata hoxe en día con Luis Davila. Para impartir o obradoiro o Concello contou precisamente cun dos seus veciños máis recoñecidos actualmente no eido da ilustración, Ivan R, artista especializado en publicidade, gráfica expositiva, editorial e moda e profesor de ilustración.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149