NIGRÁN
O Concello de Nigrán acada a bandeira azul en Panxón, que se suma á de Patos e Praia América
O distintivo non ondeaba neste areal dende o ano 2010. “A calidade ‘Excelente’ das súas augas ven a corroborar o bo traballo feito dende o Concello e Aqualia no seu plan para acabar con tódolos verquidos”, sinala o alcalde, Juan González.
O Concello de Nigrán suma a Praia América e Patos o areal de Panxón como praia co bandeira azul, distintivo onde non ondeaba dende o ano 2010. O goberno logra así as tres enseñas que solicitara a ADEAC tras comprobar que gozaba dunha calificación anual ‘Excelente’ das súas augas, requisito indispensable para optar a ela. Panxón non luce esta enseña dende 2010 precisamente por este motivo, xa que aínda que os resultados acadados nese tempo a certificaban como “Boa” non tiñan o nivel de “Excelente” esixido e que en 2016 si obtivo.
A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no seu informe anual de 'Vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia' de 2016, outorgou esta categoría máxima ás augas tamén a Praia América, Patos, Madorra e Area Fofa (Monteferro), un resultado histórico para o municipio.
“O resultado obtido ven a corroborar o bo traballo feito dende o Concello e Aqualia no seu plan para acabar con tódolos verquidos e o noso traballo a prol do medio ambiente”, sinala o alcalde, Juan González. Neste senso, o Concello de Nigrán, a través da empresa concesionaria Aqualia, emprendeu un plan inspección e reparación dos colectores de saneamento das zonas onde se detectaron verteduras de augas residuais ao mar. Estas actuacións se levaron a cabo a tenor do 'V Plan de Control de Vertidos' emitido por Augas de Galicia o 26 de setembro, informe onde se sinalaban catro puntos negros no municipio e que xa están subsanados. Así, detectáranse problemas nos colectores do entorno das praias de Patos, Madorra e As Canas e no esteiro de A Foz (no entorno da Alameda Aqualia asumiu obras de reparación por valor de 80.000 euros).
Ademáis das bandeiras azuis de Patos e Praia América (aquí ondea dende hai 25 anos consecutivos) o municipio goza de catro bandeiras Ecoplayas, sendo Praia América a primeira en obter este certificado en 2010 (o mesmo ano en que naceu ATEGRUS “Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente, quen as outorga) no 2011 sumouse Panxón, no 2012 Patos e no 2013 Area Fofa. Dende entón as catro manteñen este distintivo grazas a política de conservación dunar, ás actividades medioambientais e deportivas que nelas teñen lugar ou a conservación do entorno natural.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149