GALICIA
A Xunta condena a morte violenta dun neno no concello de Oza-Cesuras
O Goberno galego manifesta a súa consternación ao tempo que apela á responsabilidade social de todos os galegos e galegas para entre todos poder rematar con este tipo de actos.
A Xunta de Galicia expresa a súa máis enérxica condena e repulsa ante a morte violenta dun neno no concello coruñés de Oza-Cesuras. O pai do menor está detido como suposto autor do crime e pasará a disposición xudicial nas próximas horas.
O suceso é obxecto de investigación e, á espera de confirmación oficial de se se considera caso de violencia de xénero, a Xunta condena unha vez máis este tipo de actos de violencia e traslada o seu pesar e o seu apoio á súa familia.
O Goberno galego fai un chamamento a toda a sociedade para que que entre todos se poida rematar con este tipo de actos, e poder acadar a plena erradicación deste problema público e social de primeira orde.
Así mesmo, a Xunta fai un chamamento para que as persoas que estean sendo vítimas de malos tratos denuncien e así se lle poidan prestar as axudas necesarias, tanto a nivel de protección policial, coma a nivel económico e así poder axudarlles a rachar coa situación de violencia na que están inmersas.
Nese sentido, hai que lembrar que os menores teñen á súa disposición o teléfono da infancia (116111) e as vítimas de violencia de xénero, o teléfono 016, un telefono gratuíto que garante a confidencialidade, xa que non queda pegada na factura telefónica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184