Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 12 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Marín acollerá esta fin de semana o XII Trofeo Deputación de Pontevedra de natación sincronizada

A deputada de Deportes, Chelo Besada, lembrou que a institución provincial leva patrocinando este campionato dende os seus inicios hai 12 anos.

[Img #32500]

 

A deputada de Deportes, Chelo Besada, acompañada pola presidenta do Club de Natación Sincronizada de Pontevedra, Teresa Pérez Couselo e a adestradora Alba Quiroga, asistiu esta semana no Pazo Provincial á presentación do XII Trofeo Deputación de Pontevedra de natación sincronizada, que se disputará esta fin de semana en Marín. No acto tamén estivo presente o Capitán de Corbeta e Secretario da Escola Naval de Marín, Antonio de Ugarte Blanco, a quen a deputada quixo agradecer a súa disposición á hora de prestar as instalacións para a celebración desta e doutras competicións e sinalou que “de non ser por eles, ás veces estes campionatos non se poderían celebrar”.

 

Un total de 350 nadadoras e nadadores de idades comprendidas entre o 6 e os 18 anos participarán o vindeiro sábado 13 na duodécima edición do Trofeo Deputación de Pontevedrea de natación sincronizada. En concreto, en Marín daranse cita  once clubs de toda Galicia: o Acuatic Oleiros, o Aguamarina, o CN Coruña, o CS Obradoiro, o Sporting Casino, o CNS Ourense, o CGalaicos, o CS Rías Baixas, o RCN Vigo, CNS Pontevedra e o CS Burbullas, estes cinco últimos da provincia de Pontevedra. Chelo Besada recalcou que a promoción do deporte, e sobre todo do deporte base, “é unha cuestión prioritaria para a Deputación de Pontevedra por todos os valores que fomenta” e lembrou que a institución provincial leva patrocinando esta competición dende os seus inicios hai 12 anos.

 

A competición distribuirase en dúas xornadas, unha pola mañá ás 10:45 horas, e outra pola tarde ás 17:00 horas. O campionato comezará polas rutinas de equipo e combinadas de Escola, categoría integrada polas nenas e nenos máis pequenos, que utilizan elementos auxiliares nos seus exercicios; e rematará coa participación dos equipos de Base IV, formados polas rapazas con mais experiencia e tempo de adestramento. A presidenta do Club de Natación Sincronizada de Pontevedra explicou que “aínda que este trofeo non puntúa si é un preludio das rutinas que se van presentar nos próximos campionatos galegos”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.