Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 10 de Mayo de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

A Unión Deportiva Mos organiza a cuarta edición da "Baloutas Cup"

Terá lugar o 17 de maio no Campo de Fútbol das Baloutas.

[Img #32514]

 

A Unión Deportiva Mos informa da vindeira celebración da Baloutas Cup 2017, torneo que se celebrará o próximo día 17 de maio no mosense Campo de Fútbol das Baloutas.


Neste torneo xogarán un total de 16 equipos que sumarán máis de 200 participantes.


Ao tratarse do Día das Letras Galegas, toda a información do torneo que se dea pola megafonía do evento deportivo farase, como non podía ser doutro xeito, en galego.


A Baloutas Cup rexerase por normas pensadas para fomentar o xogo limpo e o respecto, con mención especial á deportividade, saúdo obrigatorio entre todos os membros do equipo e árbitros ao comezar e finalizar cada partido; e tamén con premio á afección máis ‘ruído-respectuosa’.


A arbitraxe correrá a cargo do Colexio de Arbitros de Galicia e repartiranse premios entre todos os participantes.
Tamén haberá pulpeiro e churrasco no campo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.