SALCEDA DE CASELAS
X andaina Concello de Salceda
O vindeiro sábado 20 de maio, Salceda de Caselas acollerá a décima edición da andaina “Concello de Salceda”, incluída na Copa Galega de Andainas. A proba, organizada polo Centro Cultural O Coto de Budiño, en colaboración co Concello de Salceda, ofrece tres alternativas de participación, podendo elexir 30, 33 ou 50 km. A saída realizarase dende o centro cultural ás 9:00, na parroquia de San Estevo de Budiño, e percorrerá diversos puntos do entorno natural do municipio así como dos Concellos limítrofes, destacando as sendas e as áreas de lecer.
Para poder participar na andaina, é preciso inscribirse a través da páxina web www.aforna.org, abonando un prezo de 10 € para os socios e/ou federados e 12 para os non socios e/ou non federados. O prezo inclúe os diferentes avituallamentos que se disporán ao longo do percorrido, así como o xantar final no centro cultural.
As previsións, en base aos anos anteriores, son de que centos de persoas se acheguen a participar nesta proba, que ademáis da xeografía natural do Concello de Salceda, pasará tamén por puntos dos Concellos veciños de Tui e Porriño. Estamos a falar dunha andaina coas mellores críticas tanto a nivel organización como a nivel de interese natural e de elección de percorrido. Esta edición incluirá novos tramos de grande interese natural, como a subida ao Monte Aloia, que sen dúbida suporá un reto para as persoas participantes.
Manuel Fernández Ramírez, máximo responsable do evento, agradeceu a enorme participación e a deportividade amosada polos participantes nas edicións anteriores. “O bo funcionamento da proba ata o de agora fai que cada ano a preparemos con máis adicación e máis ganas. Estamos seguros de que a andaina preparada para este ano non vai defraudar aos participantes que se animen a realizala”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149