PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra, destina medio millóns de euros ás axudas para os clubs deportivos náuticos
Carmela Silva avanzou que a Xunta de Goberno tamén aprobará a concesión dunha subvención á Federación Galega de Fútbol para a posta en marcha das escolas deportivas.
![[Img #32529]](upload/img/periodico/img_32529.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, avanzou esta semana que o Goberno da institución provincial aprobará mañá na Xunta de Goberno as bases das axudas do ano 2017, en concorrencia competitiva, destinadas aos clubs deportivos da provincia de Pontevedra das distintas disciplinas náuticas como remo, vela ou piragüismo. Trátase dun investimento de medio millón de euros, repartidos do seguinte xeito: 270.000 € para clubs de piragüismo, 150.000 € para clubs de remo e, por último, 80.000 € para clubs de vela.
A Presidenta provincial, Carmela Silva, asegurou que “para o noso Goberno o deporte é unha actividade fundamental” xa que, sinalou, “non é só unha actividade que favorece e saúde, senón que incrementa a cohesión social e impulsa o desenvolvemento das sociedades”. Grazas a esta liña de axudas, lembrou Carmela Silva, “imos apoiar a participación de clubs federados náuticos da provincia, en ligas e competicións oficiais de ámbito tanto provincial como autonómico e estatal”.
As axudas, das que o ano pasado se beneficiaron un total de 52 clubs da provincia, poderanse solicitar ata o vindeiro 16 de xuño. En 2016 a Deputación de Pontevedra tamén destinou a cantidade de 500.000 € a estas achegas, un incremento do 25% respecto ao destinado polo anterior Goberno provincial.
Preto de 100.000 € para as escolas deportivas de fútbol
Do mesmo xeito, Carmela Silva tamén adiantou que a Xunta de Goberno da institución provincial aprobará mañá a concesión dunha subvención por valor de 85.000 € á Federación Galega de Fútbol para a posta en marcha do proxecto “Escolas deportivas de fútbol no ano 2017”.
A Presidenta adiantou que o Goberno provincial vai aprobar a adxudicación das obras no campo de fútbol de Meaño, por valor de preto de 500.000 euros
Deste xeito, 24 concellos da provincia poderán desenvolver un total de 48 escolas deportivas desta modalidade, nas que participan preto de 1.900 nenas e nenos ao longo do curso. Carmela Silva lembrou que “este ano as escolas aumentan en tres, ao pasar de 45 a 48, cun aumento na participación de 1.700 a 1.900 rapazas e rapaces”.
A Xunta de Goberno adxudica as obras para o campo de fútbol de Meaño
Ademais, a Presidenta provincial tamén sinalou que a Xunta de Goberno aprobará mañá a adxudicación do contrato para a execución dunha obra relativa ao campo de fútbol de céspede sintético de Meaño. “Trátase dun investimento de 495.384,79 € que será acometido pola empresa PRACE, Servicios y Obras, S.A.”, sinalou Carmela Silva, trala avaliación executada pola Mesa de Contratación da Deputación de Pontevedra das ofertas e propostas presentadas por un total de 13 empresas.
Nestas obras, realizaranse as seguintes accións: a conversión dos dous campos de fútbol-7 existentes nun campo de fútbol-11, a mellora da urbanización dos accesos ao campo (para o que se ampliará o camiño existente e se construirá unha rotonda que facilitará a entrada ao recinto), a construción dunha zona de aparcamento en batería e a impulsión da accesibilidade para as persoas con mobilidade reducida.
O prazo de execución desta obra, salientou Carmela Silva, “é de catro meses dende o momento no que se asine o contrato”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180